Un anaquiño do Ventorock

A nosa reporteira festivaleira non ten paraxe! Despois de andar de troula por Chantada a comezos de mes, achegouse até o Vento Rock a pasada fin de semana. Unha outra cita festivaleira pola que pasaron entre outros Liska! e Trapos Sucios. Vento Rock 2013: Crónica e fotos de Lety GF para GZmúsica.


A finde pasada achegueime até Ventosela (Redondela), para asistir por primeira vez o festival VentoRock, a pesar de que xa era a sexta edición.
Cheguei sobre unha horiña antes da hora prevista para os concertos, máis o festival xa levaba con programación dende a mañá. Comezaban co roteiro familiar en bici. Para pola tarde dar paso os campionatos de xogos populares e os obradoiros para os máis cativos. Estes obradoiros para os pequerrechos foron a cargo da Asociación Xoeira e os talleres de malabares a cargo dun novo artista do que próximamente escoitaredes falar, redobres de tambores... el é Milubarista. Mágoa non chegar a estes a ver se por unha vez daba pé con bóla.
Tamén contaron cun magosto no que repartían de balde castañas quentiñas (que pola tarde non sei, pero de noite habianse agradecer ben!). Antes da cea viña dende Compostela o clown e malabarista Isla LeTriska, que por unhas ou por outras nunca chego a tempo para velo en acción. E xa para repoñer forzas chegaba o momento da cea popular, a ver se alguen nos conta como estaba todo para telo en conta para o próximo ano!
E xa en Ventosela, para comezar a quentar o corpo xentes chegadas dende diferentes puntos de Galiza e incluso de máis aló pasamos tomar os primeiro chupiños polo local social do lado do recinto, mentres non comezaba a festa, que habia que escorrentar o frío.

Máis ou menos cunha horiña de retraso comezaba a encherse a carpa. Os primeiros en subir o esceario foron Sete Cuncas, eran da casa, de Redondela, e víñannos traer  rock, dende temas de Heredeiros, pasando por La Polla e chegando a Lendakaris, a pesaren de ser uns rapaces noviños habia quen xa dicía deles que lles vía futuro. Despois chegaban dende Muros Trapos Sucios. Estes xa tiran un pouquiño máis ao punkrock e fixeron que a xente xa comezara a moverse máis. Os Liska! chegaron dende Vigo, e trouxeron consigo un pouco máis de mestizaxe para que poidésemos bailar a ritmo de Ska. Logo viñan os rockeiros do Salnés, para que o ritmo non decaíse con Noite Fechada, pero pouco vos podo contar por culpa do LK... e xa para pechar elixiron uns estranxeiros, os madrileños Aizu, que fan un tributo os nunca pasados de moda Kortatu.
Moita sorte coa vindeiras edicións rapazol@s.
E os que sempre teñen que facer "ben" xa lles vale... que lin por aí que lles desaparecera algunha cousiña... despois queixarémonos cando deixan de facer festivais ou os fan de pago!

Picasa user or album is not correct

Texto e fotos: Lety GF

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto