Rock and Roll en Corrubedo

Aproveitando o festivo en Cangas, a Unidade Móbil de GZmúsica fixo noite na praia da Ladeira de Corrubedo o pasado venres 11 de abril para estar ben cedo de mañá, fresquiñ@s coma rosas, na primeira parada da Festa da Chuvia 2014. O Benboa, unha fermosa cetárea/tenda/restaurante, acolleu o concerto de The Lákazans, comezo da troula que durante a fin de semana percorreu as parroquias de Ribeira.

A pasada fin de semana, a escolla dun concerto era ben complexa. Ulträqäns e a Banda de Andrelo en Vigo, Festa da Chuvia, Ruxe Ruxe na Capitol, The Brosas e Suzio 13 na Artábria, Familia Caamagno en Boiro, etc. Así que a opción de gozar dun pouquiño de rock pola mañá en Corrubedo, na primeira parada da Festa da Chuvia era perfecta para compatiblizar con calquera outra. Así que aló fomos antes de ir a Compostela ao concerto de Ruxe Ruxe.

E a verdade é que prestou moito ver a The Lákazans á hora do vermú, nunha mañá solleira e nun local ben interesante do porto de Corrubedo, o Benboa. Alí podes comprar o peixe e levalo para á casa, escoller o marisco na cetárea para comer alí ou tomar unha caña e uns pinchos. Apuntámonos á última opción e desfrutamos do blues e o rock&roll dos de Boiro.



{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto