Estivemos no Millo Verde 2014!

A primeira fin de semana de xuño tocou coller de vehículo, para achegarse até Redondela á edición deste ano do Millo Verde. Aló enviamos a nosa reporteira máis festivaleira, Lety GF, -xa van sete anos repetindo festival sen fallar nunca-. Como ela di, o Millo Verde é un dos festivais indispensables da Galiza. Non tanto pola representación galega, senón pola variedade de propostas alternativas que se congregan eses días en Redondela. Aquí vos quedan a súa crónica, fotos e vídeos, ademais dun vídeo de Martín Rodas, outro GZmusiqueiro que andou por aló na xornada do venres.



Xa fomos para aló o venres á tarde, aínda que o festival xa derá comezo o xoves. Chegamos despois de que rematasen os obradoiros para os cativos da casa. Xusto a tempo para participar no taller e ver a mostra de Mesturas Danza.


A xornada da noite  comezou aló polas 11 cos  breakin´ bones, banda galega que nos fixo mover a ritmo de rockabilly. Tras estes os holandeses The Bucket Boyz. Como case todos os anos no Millo Verde ten que haber un pouquiño de blue grass, este era o cometido desta banda, mais non cos instrumentos que estamos acostumados... estes 2 rapaces só precisan un banjo e unhas baquetas que xa fan de batería co bidón artesanal do baixo.

Estes remataron, máis non rematara o momento dos músicos holandeses, pois a continuación viña unha boa tropa, Maison Du Malheur, estes fusionaban rock, blues... no vídeo que vos trouxemos do primeiro día podedes botar unha ollada. Para pechar esta noite de concertos chegaba Xenderal, acompañado de Chek Selectah, que seguiría dándolle aos pratos ata o día con Ikam Selecta e Ernest Dub. Mais Xenderal, trouxo unha pequena sorpresa, a parte do ragga e o beatbox que nos ten acostumados, atreveuse a meter unha harpa de boca nun momento do concerto.





A xornada o día seguinte xa debía ter comezado cando conseguín despegar das sábanas... case ás 6 da tarde fomos papar a alameda a ver como os máis atrevidos ían subindo un peldaño tras outro no escalabirras. Outras somos unhas rajadas e nin o tentamos. A parte disto o longo da tarde tamén houbo jam de graffitis, o espectaculo "Casal em risco" de Asacocirco, que non vimos desta volta, pero xa sabemos case de memoria, os que aínda non o mirastes, a que estades esperando? Outra pequena actuación do Xenderal, e unha exhibición de breakdance. Disto último xa non tedes fotos, a tarxeta petouse, así que a conformarse co que hai!



Pola noite abrian festa os galegos Caramuxo Vermello. Mágoa chegar ao recinto cara ao final da actuación desta banda... pois ten unha boa e moi artística posta en escena. Xa que non só se encargan de tocar e cantar, se non que aos seus concertos incorporan o teatro. Tras eles os españois, ainda que a banda tamén se fundou en Holanda, Muyayos de Raíz. Estes misturaron folk de diferentes zoas. Se non todas moitas eran versións, dende algunha mitica de balkan, ata o inspector Gadget. Tras estes, os primeiros portugueses, e a gran sorpresa da noite, Blasted Mechanism. Xa houbo quen o día anterior me comentara da performance deste grupo (ata levaban tecnico de luces propio, para cadrar todo o milímetro).


Estes misturaban rock, psycodelia, instrumentos eléctricos, un deles o mesmo che sacaba un djembe que un digeridoo, e a saber que máis... dende a miña posición non daba a ver o final do esceario, creo foi o momento no que máis xente se xuntou no festival. Tras estes máis veciños portugueses, Triciclo Vivo. Coido que por aló se debe levar o do drum´n bass porque moitas bandas atopan deste estilo. Esta banda era a que eu máis esperaba, máis este batería, baixo eléctrico e digeridoo, costoulles un pouquiño levantar a xente ao principio. Pode que todo se debese aos problemas e a hora que tardaron en facer o cambio... Máis despois de tanto esperar e ser case as 6 da mañán, o principio fixose algo tranquilote de máis para as horas que viñan sendo. Tras estes o frances Dj Lager, pero que volo conte outro que despois de non sei canto tempo vendo a luz do día era momento de escapar...

O día seguinte menos mal que me lembrei dun regalo que me fixeron o dia anterior... se non coido a volta houbera sido un mormón, máis abrín Sístole? Diástole! o disco que presentou fai unha ou 2 semanas a Fanfarria Taquikardia, e con esa enerxía faise mellor o camiño de volta a casa. Se vos justan as bandas unicamente musicais, con ventos a tutiplén e cun rollito balkan que che vai obligar a poñerte en pé e bailar, botadelle unha orella e ides ver.

Agora xa....a ir preparando a axenda festivaleira, xa que o Millo Verde para moitos marca o inicio dos festiveráns (como dí un compañeiro). E a agardar xa a edición do próximo ano!
Para rematar quedavos un vídeo, gravado por Martín Rodas, do que se encargou de representar a Galiza en galego no Millo Verde.

Fotos e crónica: Lety GF

Vídeos: Lety GF e Martín Rodas

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto