Ataque Escampe pasou polo Salason

O pasado 7 de febreiro o Salason de Cangas acolleu o directo das Ataque Escampe. Moitos anos despois da súa anterior visita ao Morrazo, con algún cambio na formación, máis calvas pero moito más elegantes. Así o vivimos nós, misturadxs entre adolescentes que cantaban os temas en primeira fila e señoras que escoitaban condescendentes mentres remexían o gin tonic.

Salason con media entrada. Presenza destacada de moita rapazada coreando as cancións. Nós mirabamos por vez primeira as Ataque Escampe desde que o Roi deixou as baquetas e apañou o micro, en substitución do Álex. A verdade é que gustamos máis desta nova formación ao vivo ca no disco, aínda que por momentos seguen a soar estrañas as cancións sen a voz característica do anterior vocalista. Con todo, o son das Ataque Escampe gañou moitísimo en consistencia co paso dos anos. O paso do rock de serie B ao pop, que segue a soar moi americano, dos últimos discos marca obviamente o directo mais o grupo semella máis cómodo no escenario. E todo isto sen perder de todo a aureola inocente, tristeira e cultureta que os facía parecer un fato de poetas teletransportados ao escenario dun concerto rock. Xa non hai baterías de xoguete pero seguen as letras marabillosas e a melancolía alagándoo todo por momentos. 

O concerto cumpriu as expectativas. Incluso as miñas, que teño que recoñecer que son moi fan. Houbo momentos moi bos, co público todo cantando aos galegos de Alabama, aos amores de parafarmacia ou ás festas malandrómicas. Así que quedamos con moitas ganas do acústico que van dar na Candeloria a vindeira fin de semana.

Aquí quedan unhas fotos e un pouquiño da música que alí soou:

Picasa user or album is not correct

TEXTO:  S. Murias

FOTOS E VÍDEO: lavesedo

{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto