Fomos ver Blues do País na Gentalha do Pichel

Venres 6 de marzo Blues do País deu un concerto na Gentalha do Pichel compostelá. A nosa compañeira Lety GF, que nos marchou de correspondente para a capital do país, dubidaba entre baixar para O Morrazo ou quedar alá e ir ao concerto... obviamente alá foi e velaquí tedes agora fotos, vídeo e crónica do concerto.

O venres 6 de marzo houbo que escoller entre ir de visita á vila ou quedar pola capital a ver por segunda vez unha parella chamada Blues do País. Cal foi o resultado? Pois que a noitiña me acheguei ata a Gentalha do Pichel...

A verdade é que o primeiro concerto me soubera a pouco, pero neste ninguén se podía queixar, xa que deberon de estar dándolle  algo máis de dúas horas.  A diva rural Bieitta James, que por certo me sorprendera co seu rexistro de voz xa vai un tempo en Mos , e o seu bluesmanciño  Pepe King reinterpretaron temas mitiquísimos da historia da música, pero cun "lixeiro" toque galaico. Aos e ás que coma min estariades dispostas a mercar unha maquina do tempo para viaxar a agosto do 69 para ver a Janis e os Jefferson entre outros, aconséllovos que os vexades se tedes a oportunidade xa que recoñeceredes as cancións máis coñecidas de Nancy Sinatra, Otis Redding, Robert Johnson ou Bobby McFerrin, pero  con moita máis retranca.

Desta volta ata mesmo nos amosaron algún temiña medio improvisado xa que cada vez que marchaban a xente pedía bises, e polo visto que a diva lle meteran o LK no raider provocou que non quixera marchar!  É un bo espectáculo para esmendrellarse posto que nin entre canción e canción hai tempo a aburrirse.

FOTOS DO CONCERTO

Picasa user or album is not correct

E un vídeo...


{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto