2 de Maio en Santiago. Da Feira da Primavera a Rozalén

Aí vén o maio, de música e troula cuberto. En Salceda, co comezo dos festivais de verán ou en Compostela, coa Feira de Primavera no barrio de San Pedro. Algo ten este bairro, que tanto lle cantan as bandas galegas. Algo terá, que ten poder e lle dá medo aos do concello. Tanto medo, que non lle deron á Asociación de Veciños -organizadora- literalmente, coma ao inimigo, nin auga. Nin luz. Nin nada. Por aló andou Lety GF e despois aínda se achegou ao concerto de Rozalén, no Principal. Eis a crónica de como lle foi nese dous de maio compostelán.

 O pasado sábado 2 de maio pasámolo en Compostela. Pese a que o día estivo pasado por auga, a xente non dubidou en acudir á feira. E aínda puidemos ver a primeira banda que tocou na praza do Torreiro antes de ir ver a manchega Rozalén. A verdade que é dá pena ver a resposta do concello de Santiago a un dos seus barrios. Unha festa na que celebran os maios, que enche de vida este barrio e que leva facéndose máis de 10 anos. Pois non! Este ano o concello nin electricidade se dignou a subministrar. Por que conto todo isto? Porque a pesar de que a festa foi caralluda e de que coa unión de todos os veciños conseguiron levala a cabo sen ningún problema cando estivemos no concerto de banda Ukestra do Medio e conforme ía arrimándose máis xente malamente conseguiamos escoitar o que estaban a cantarnos, 10 persoas dese mesmo barrio con unha chea de ukeleles, voces caixón e demais e a súa música mesturada coa de decenas de persoas que estaban nesa praza. Dez músicos enriba dun escenario cunha carpiña e un cable que saía por detrás e subía ata entrar pola fiestra dunha casa, porque estes nosos políticos non queren invertir un pouquiño no que as súas xentes lles solicitan (pero despois hai miles de millóns para facer unha cidade no Gaiás, que máis que de cultura é un mausoleo e restarlle recursos así as bibliotecas das diferentes vilas). Acudimos á feira na sesión vermú para ver unha vez máis a banda Xerock, unha banda que a moitos a primeira vez que os ven chócalles porque está formada na súa maioría por persoas con discapacidade intelectual. Mais, no entanto, xa me justaba a min tocar a metade de ben do que o fai esta xente! Así tocan por se non os coñecedes. 

E imos ir mudando de terzo se non aínda vou coller carrerilla e comezarvos a falar dos obstáculos da actuación de Peter Punk, que grazas @s ebrios espontáneos o espectáculo podería chamarse "Desta si que peor imposible".

Tras pasar case todo o día na festa da primavera contra as 10 da noite arrincamos cara ao Teatro Principal, para ver unha das actuacións que se atopaban dentro da programación SantiAutor 2015. A catedral xa daba unha badalada cando iamos de camiño ao teatro, o que nos dicía que eran e cuarto e xa iamos con retraso. Tanto foi así que entre que chegamos nos deixaban pasar e buscabamos un oco no ateigado teatro xa non vimos máis que a despedida da moza que actuaba primeiro.  A cantautora Carmela acompañada pola súa guitarra.
Tras ela viu Rozalén, acompañada ao piano e o acordeón por Álvaro Gandul e as guitarras por Samuel Vidal e Ismael Guijarro. No espectáculo ofreceu un repertorio composto polos seus temas máis antigos, algúns do seu primeiro e único disco polo de agora e tamén algún de "pre-xira" do que vai ser o novo disco, así como algunha versión como "La llorona" da que podedes ver un anaco no vídeo. A manchega encandilou o público que coreaba as cancións máis coñecidas, aplaudía a mínima oportunidade e ría cada vez que esta facía unha brincadeira... porque outra cousa non, pero teatrera é un chacho interpretando algunhas cancións. Contou algunhas vivencias como que de pequena lle dicía a súa nai que de maior quería ser como Sara Montiel ou que cumpriu o seu soño de compoñer unha canción para unha película. Durante o concerto convidou unha rapaza do público a acompañala nun tema, e tamén convidou o galego Fredi Leis a amosar unha canción do seu repertorio.
A saída do teatro caían chuzos de punta así que xa descartamos voltar para San Pedro, e conformámonos con ir botar uns dansins pola zona vella de Compostela.

TEXTO, FOTOS e VÍDEO: Lety GF - X. B.

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto