Poetarras en Cans

Cans viviu a décimo segunda edición do seu Festival de cine. E como vén sendo costume, a música tamén non falta na meca do agroglamour. Moita e moi variada. Reivindicativa, ghamberra e alegre, como ten que ser. Ben sabedes que isto é un webzine musical e non adoitamos meternos na política, mais desta volta non podemos deixar de dicir que gustamos do sopro de ar novo que percorreu Galiza e o Estado este domingo. Así, parvadas como querer sacar tallada da presenza en Cans de Def Con Dos -tras a vergoñenta detención por unhas horas do C. Strawberry por apoloxía do terrorismo- e xuntala coa dos Poetarras para axitar pantasmas e inventar andrómenas quedan reducidas ao que son, parvadas. Soños escuros daquelxs que non entenden a liberdade, a diversidade ou a ironía. Pesadelos que non imos deixar que fagan realidade.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto