V Son das Mámoas (29/08/15)

A última fin de semana de agosto a parroquia viguesa de Candeán acolleu a quinta edición do Son das Mámoas. Cun cartaz de moitísima calidade, con Transilvanians, Skandalo GZ, Terbutalina e IgMig, e diversidade de estilos, desde o ska clásico ao punk gástrico. Até alí foi Lety GF, que non perdeu ningunha das cinco edicións do festival, para facer esta completísima crónica.

O pasado 29 de agosto achegámonos ate a V edición do festival Son das Mámoas de Candeán. Aínda que cada ano bailaba de data non fallamos a ningunha edición até o momento. Mais agora si que si. Esta coido que vai ser a súa data definitiva, xa que quedando coa lembranza do defunto Rebumbio de Mos, os mamoeiros creo que van quedar con esta data, para non andar bailando de aquí pra aló nin pisarse con outros eventos que poida haber pola zona sur da Galiza, como xa case sucedeu algún ano co Festimar.
Nesta edición non chegamos cediño para velas actividades de día como vos temos acostumados.... desta volta só fomos para os concertos da noite... e é que queremos estar a todo e non se pode...
Mais polo mediodía quixémonos achegar primeiro até a 1ª afroxuntanza que se celebraba en Taboadela (creo que concello de Ponte Caldelas), para que as xornadas de aficionad@s a danza e percusión africana non queden unicamente coa data do Africampo, que botou a andar grazas a bailarina e bióloga Cristina Malvárez xa vai polo menos 4 aniños, e que segue adiante sen a súa presenza física, pero dende as illas Canarias sempre nos manda boas vibracións. A verdade que o sitio non tiña moito que envidiar ao piñeiral de Liméns, onde se celebra este último polo mes de abril.

Pero ao que iamos que nos imos polas árbores e saltando de pola en pola... chegamos unha horiña antes de que desen comezo os concertos, para ir ceando e que as compas lle fosen mandando os primeiros grolos de cervexa. Eu xa a hora de suposto comezo fun pra dentro a ver que caras coñecidas atopaba por aló, e pouco foi o que tardou en comezar o primeiro concerto da noite. Os Transilvanians, banda viguesa de homes traxeados facendo rocksteady que moitos xa coñeceredes. Esa música chula que en parte fai revivir os anos 80. Mentres miraba (xa sabedes que os do Morraço non vemos...) diante de min un terbutalino baillar a ritmo de ska unha colega que só lle mola o heavy, as jaitas e o putupum como dijo eu diciame que que facian abrindo os transil porque soaban moi ben, e a verdade que si faltaba xente, pero.... o ditoso fúrbol... xogaba o Celta, e nós de festa na acera de enfronte do seu sitio de adestramento.



Despois viñeron dende Ponteareas os Skandalo GZ para meter algo máis de tralla! E desta ata invitaron a colaborar nun temiña ao Nervo de Rebeliom do Inframundo, un grupo de rap, con letras tan revolusionarias como as de Skandalo, mais aos que coido que nunca me cadrou ver en concerto máis que uns temiñas cando quedaron finalistas do concurso Xuventude crea alá polo 2012. A Skandalo xa facía boa tamén... xa que a última vez que me cadraron aínda non tiñan o Peludo  dándolles ás cordas... e a verdade que non lles sigo o percorrido paso a paso, pero cando lle vin no merchan 4 discos... foi como pero estes canto tempo levan tocando? se parés que foi vai 2 anos cando os vin por primeira vez!



Tras estes a tralla ía continuar porque...  que vai ser temas de minuto e medio tocados a todo meter? pois claro Terbutalina... destes pouco hai que comentar porque se che justan ben, e se non tamén, porque nos últimos anos vas tomar sete cuncas deles queiras ou non. Que tamén digo eu, se tanto caldo nos dan por algo será.

E xa para case ir pechando a sorpresa da noite. Cano menos para moitos dos asistentes... así a ollímetro a metade do público tiña o mesmo careto que puxen eu cando vin os IgMig por primeira vez no xa inexistente Torreiro da Festa de Churruca, nunha homenaxe a Ricardo Mella. E é que a moitos ghustáballes, mais a outra metade non tiñan palabras para describir o que estaban a ver. Dende logo se houbo un tema que revolucionou o público foi sen dúbida "Ostiá!!!" no que algunha coñecida festivaleira , á que chamaremos "Purpurina", subiu ao escenario cun amigo para unirse no temazo aos IgMig. O cal se vistes o vídeo do face non vos trouxen, é que sonvos máis de Marcho para a selva... máis só tedes que poñer no youtube Igmig ostiá corpo a terra.

Ahora sí, a cousa xa tiña que ir rematando, viña o dj, o cal se vos digo a verdade non lle fixen nin o mínimo caso... así como acabaron os chineses díxenme hai que ir durmir a mona que mañán tocame conducir e non sei se as compas me deixaron sitio na cama. Máis non sei canto tardaría en chegar a acera de enfronte porque cada paso que daba enghanchaba de larecha cunha silveira festivaleira diferente... Estaba claro que un verán tan pousado de festivais tiña que ter algunha consecuencia.

Vídeo resumo do V Son das Mámoas

Fotos do V Son das Mámoas

TEXTO, VÍDEO E FOTOS: Lety GF

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto