Treixadura cumpre 25 anos. Para o festexar, gravou as súas dúas actuacións no García Barbón de Vigo en outubro do ano pasado, para presentar a finais de ano Vendima Tarda un CD+DVD que recolle eses concertos. Ou o que é o mesmo, fai un resumo destes 25 anos de andaina. Analizamos este traballo, que supón sen dúbida un fito na carreira da formación tradicional redondelá.
Sub Rosa vén de publicar unha preview do seu vindeiro disco Dietrich. Música electrónica que camiña polos lindeiros do xénero sen deixar de petiscar noutros estilos para presentar unha proposta ecléctica, chea de atmosferas creadas no contrapunto da electrónica e a percusión tocada e procesada ao vivo nos seus espectáculos. Dúas artistas electrónicas, un percusionista e un deseñador dan vida a un proxecto que busca os límites difusos da experimentación electrónica. Escoita o novo de Sub Rosa no interior do artigo
Máis artigos...
- A Familia Caamagno presenta novo EP na Capitol
- Nelson Quinteiro presenta Orquesta Gharbo!
- Roger de Flor presenta a: Os Silvestres
- Sés, co xenio destrozado
- Budiño, gaiteiro con Sotaque
- Lixo Urbano sobe á rede "O neno carburador", de Fame Neghra
- Porcocan, o novo de Esquíos
- Radio Cos
- John Deeres, Losto Kynski, Tira do Peito,...novidades no Toxo Rabudo NetLabel
- Linho do cuco ten novo disco: “As Alegrías”
- Tanxendo As arpas de Breogán
- Miniaturas Musicais de Eugenio Granell
- Ritmo Serbio, novo disco de Terbutalina
- Os Minhotos presentan Pinga d'auga
- Escoita o último disco de Samesugas