Chegou o día. Hoxe venres 7 de febreiro a Familia Caamagno -acompañada polos Yakuzas- presentará na Sala Capitol de Compostela o seu novo disco. Gravado en analóxico e co grupo tocando en conxunto, Hai que andar cos tempos! é o resultado da busca deliberada do son do rock'n'roll dos 60 polos de Sigüeiro. Escóitao no interior do artigo e pasa se podes pola Capitol esta noite. Vaiche pagar a pena.
O vindeiro 7 de febreiro o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación oficial de Orquesta Gharbo! o disco de estrea do polifacético Nelson Quinteiro. Notable traballo que parte da tradición -o Nelson comezou ben novo de pandeireteiro- para mesturala con músicas de moitas partes do globo. O resultado final é un disco cun son excelente que nos convida a percorrer as xeografías musicais que foron deixando pegada na andaina do propio Quinteiro.
Máis artigos...
- Tanxendo As arpas de Breogán
- Miniaturas Musicais de Eugenio Granell
- Ritmo Serbio, novo disco de Terbutalina
- Os Minhotos presentan Pinga d'auga
- Escoita o último disco de Samesugas
- Calmante vitaminado, a estrea de Tira do Peito
- Milesios presenta Alén Mar
- Elektropandeiro, tradición pasada pola peneira electrónica
- A sorpresa de Rebeliom do Inframundo
- Cristina Pato presenta Migrations
- Esquíos publican o seu primeiro disco ao vivo
- Escoita e Descarga o novo traballo de Ataque Escampe
- O Son Brasilego do Sérgio Tannus
- O República Billarda, dispoñíbel na rede
- 42, novo traballo de Vicky Polard