Calmante vitaminado, a estrea de Tira do Peito

Desde a parroquia de András, no Salnés, chegan os Tira do Peito. Tres mozos que din facer Gastro Punk Porno Punk e que traen a receita para podermos soportar a situación en que vivimos. Calmante vitaminado, e vaino facer falla a mancheas, para asistir ao colapso do sistema. Punk sinxelo e rabioso nun traballo que moi logo ha estar dispoñíbel. Polo de agora, subiron á rede un petisco: o video pornopunk de Xan.

Ler máis...

Milesios presenta Alén Mar

Milesios presenta a súa estrea discográfica, Alén mar. A formación chairega mostra no seu traballo a música celta que veñen practicando desde a súa creación no 2009. A banda xa tocou en diversos festivais (Pardiñas, no Runas de Ortigueira, San Froilán,etc.) e locais do país, e tamén ten saído fóra, foi finalista no 30º Festival Internacional de la Sierra en Estremadura (España), malia contar con apenas 3 anos de vida.

Ler máis...

Elektropandeiro, tradición pasada pola peneira electrónica

Elektropandeiro é un proxecto de Xandre Outeiro, membro da A.C. Trépia, que mistura a tradición coa música electrónica. Como el mesmo di "experimentos electro-acústicos partindo de sons e ideas presentes na música tradicional galega. Integración de gravacións de recolleita en directos con zanfona electroacústica, percusión tradicional e voz". Escóitao e opina ti.


A sorpresa de Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo apresenta novo traballo, A sorpresa. 15 temas de rap de corte clásico, de letras afiadas, rapeadas por O'Nervo, sobre unha base de bombo e caixa. Samplers e scratch da man de Dj Rapu. O disco está dispoñíbel por 5 €, podes conseguilo póndote en contacto por facebook co grupo. E se es dos que queres catar o xamón antes de o mercar, podes descargar un adianto con 3 temas no interior do artigo.


Ler máis...

Cristina Pato presenta Migrations

A gaiteira afincada en Nova York, -onde forma parte da Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma-, presenta o seu novo traballo, onde mistura tradición e jazz. Pato toca a gaita e o piano no traballo, mostrando as dúas facetas da súa carreira musical, acompañada por unha longa listaxe de grandes músicos, tanto da terra coma internacionais. Aquí tedes o vídeo promocional.



Esquíos publican o seu primeiro disco ao vivo

A banda estradense Esquíos vén de colgar na rede o seu primeiro disco ao vivo, que non é outro que o concerto que co gallo da presentación do seu CD/LP "Galician carraxe on garaxe". Foi o 19 de maio na Sala Capitol de Compostela no ano 2010, e o concerto foi gravado e emitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa Planeta Furancho. Podes descargar o disco no interior do artigo.


Ler máis...

Escoita e Descarga o novo traballo de Ataque Escampe

A banda compostelá estreou hai uns días o seu novo traballo na Sala Capitol de Compostela, dentro do concerto presentación dos Discos da Máquina, como xa vos contamos en GZmúsica. Apenas 48 horas despois o traballo xa estaba dispoñible para ser ouvido e descargado no bandcamp do grupo, na liña que as Ataque Escampe marcan desde o seu comezo de apostar polo Creative Commons e de entenderen que a propiedade intelectual (entre outras) é un roubo. Os creadores do rock de serie B transitan neste EP polo cálido e efémero universo das verbenas. Atrévase a pasar unha Noite de agosto con Ataque Escampe.

Ler máis...

O Son Brasilego do Sérgio Tannus

O pasado martes 18 de decembro presentouse ao vivo o disco de Sérgio Tannus, Son Brasilego, no Teatro Principal de Compostela. O traballo foi financiado a través da plataforma Verkami e contou coa colaboración de Uxía, António Zambujo, João Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Xabier Díaz ou Carlos do Carmo entre moitos outros. Sérgio Tannus é brasileiro, mais vive en Compostela desde hai 6 anos. Agora estrea disco, son brasileiro amolecido pola chuva do país.

Ler máis...

O República Billarda, dispoñíbel na rede

A LNB quer nos agasallar neste Nadal. E para iso vén de anunciar no Varal que os dous discos do República Billarda estrean bandcamp, para podérmolos escoitar a calquera hora e desde calquera lugar, con acceso á rede, claro. Escoita os temas que Narf, Projecto Mourente, Galegoz, Ulträqäns ou Zimmer103 crearon para o disco duplo do colectivo billardeiro en GZmúsica.


Ler máis...

42, novo traballo de Vicky Polard

Despois de dous anos de traballo, o cuarteto compostelán lanza o seu primeiro álbum. En xaneiro deste ano xa sacaran un pequeno adianto, Apocalypse Não, que marcaba as súas liñas mestras: Grunge e postpunk. Agora publican 42 e fano amodiño, subindo desde a pasada semana cada día un novo tema ao seu bandcamp. Escoita o que levan subido xa do disco no interior e opina!


Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 8 de 10

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto