A banda estradense Esquíos vén de colgar na rede o seu
primeiro disco ao vivo, que non é outro que o concerto que co gallo da
presentación do seu CD/LP "Galician carraxe on garaxe". Foi o 19 de
maio na Sala Capitol de Compostela no ano 2010, e o concerto foi gravado e
emitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa
Planeta Furancho. Podes descargar o disco no interior do artigo.
A banda compostelá estreou hai uns días o seu novo traballo na Sala Capitol de Compostela, dentro do concerto presentación dos Discos da Máquina, como xa vos contamos en GZmúsica. Apenas 48 horas despois o traballo xa estaba dispoñible para ser ouvido e descargado no bandcamp do grupo, na liña que as Ataque Escampe marcan desde o seu comezo de apostar polo Creative Commons e de entenderen que a propiedade intelectual (entre outras) é un roubo. Os creadores do rock de serie B transitan neste EP polo cálido e efémero universo das verbenas. Atrévase a pasar unha Noite de agosto con Ataque Escampe.
Máis artigos...
- Gostas do Surf? Gostarás de 4Waves...
- Doutor Apertas. Tributo a Magín Blanco
- Sorteamos 3 discos de Crebinsky
- Tentemozo: A volta dos Cempés
- jazz&trad, a estrea de PeLdeNoZ
- Camarada Nimoy estréase cun EP instrumental
- A Pior, novo disco de Projecto Mourente
- A estrea dos Nhió!
- Alberto Vilas Quinteto comezou xira para presentar o seu novo disco
- Recompilatorio do Hip Hop Ateneu
- Vellas Novas dos Quempallou