Os Benignos, música mestiza desde Cedeira

Os Benignos son unha banda de Cedeira que está a presentar estes días a súa primeira maqueta. Camiñando polo ska e o reggae, a estrea da banda cedeirense sorprende por calidade e madurez. Apenas 3 temas que nos deixan con gana de máis. Os Benignos traen o reggae do norte, dálles unha escoita!

Despois de varios anos de andaina, desde finais do 2013, chega a primeira maqueta desta banda de Cedeira. A banda que nacera nunha homenaxe á veciña de Cedeira Benigna do Xarmolo -velaí o nome- presenta agora 3 cancións, habituais nos directos da banda e que reflicten á perfección o seu estilo.

Moito reggae, que vai cara ao ska, ás veces cara ao rock pero que nunca se acelera, non se volve salvaxe senón que mantén un acougo que atravesa todos os temas. Arranxos de calidade, boa produción -para o que é unha primeira maqueta- e, desde logo, unha excelente carta de presentación en sociedade para a banda de Cedeira composta por Wallas (Voz e Guitarra acústica), Gerardo (Guitarra Eléctrica), Angel (Guitarra Eléctrica), Mario (Teclado e Voz), Samuel (Trompeta), Iago (Bateria), Mateo (Trombón), Esteban (Trombón), Esther (Saxo), Abel (Baixo Eléctrico).

Aquí vos quedan os 3 temas:



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto