Liberando mentes, novo EP de SonDaRúa

Sondarúa, Hugo Guezeta e Álex Arnoso, veñen de presentar novo EP, Liberando mentes. 5 temas poderosos que manteñan a liña incisiva nas letras á que nos teñen afeitas, desta volta con producións do propio Álex Arnoso e de Peter Petrowski que lles souberon dar a contundencia e ritmo preciso as palabras afiadas que saen da libreta do Hugo. Os dous de sempre facendo temóns, cantan no primeiro corte do EP, Os dous de sempre, e non lle andan lonxe. Dálle unha escoita a novo de SonDaRúa e vai aprendendo os temas, que o 13 de abril presentan en Vigo e o 28 en Pontevedra, no Galegote Rock.

Ponteareas, Pontaka, Ponte Areias, capital do Condado e do hip hop do sur do país. Desde alí chegan SonDaRúa, que en apenas un par de anos se están a facer un oco no panorama musical galego. Nestes tempos de efervescencia do rap en galego -A nosa sección de Vídeos leva publicado 15 clips de bandas de hip hop en 2018- o que até hai 7 ou 8 anos era algo puntual comeza ser o estilo máis vizoso da música galega. Un feixe de novos e novas Mcs, unidos a grandes nomes daquelas primeiras fornadas como García Mc, Malandrómeda, Wöyza, Sokram,... auguran un futuro produtivo para o rap galego. 

E desde logo, SonDaRúa vai ter moito que dicir neste futuro a curto prazo, pois con este EP veñen confirmar que isto vai alén dun par de temas con boas rimas. Ademais, a man de Petrowski na produción do tema que dá nome ao disco e dun remix de Estilo combativo engade novos matices nas bases, máis alá das producións de Álex que empatan co estilo do que tanto gostaramos na primeira maqueta do Hugo Guezeta. Os scratches volven ser cousa do Uxío e a gravación, mistura e masterización do traballo realizouse nos Estudios Mans da Coruña.

Escóitao no Spotify ou neste vídeo onde están os 5 temas do EP. E se queres ir miralos ao vivo, apunta dúas datas neste mes. 13 de abril, sala Doppler en Vigo. 28 de abril, Galegote Rock en Pontevedra.


TEXTO: S. Murias





Comentarios  

 
0 #1 Velma 31/07/2018 20:18
Hi. I see that you don't update your site too often.
I know that writing articles is boring and time consuming.
But did you know that there is a tool that allows you to create new posts using
existing content (from article directories or other
pages from your niche)? And it does it very well. The new posts
are unique and pass the copyscape test. You
should try miftolo's tools

Also visit my webpage - TaneshaJuicy: https://MichaleSee.wix.com
Citar
 
 
0 #2 Antonio 24/09/2018 23:28
Miña terra galega.
Citar
 
 
0 #3 Antonio 24/09/2018 23:38
Punta del Segaño ; guapa , es el piropo que más he deseado decirte galeguiña..
Citar
 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto