Monstros, con ou sen consentimento de Chuches Amil


Saiu o novo libro CD de Chuches Amil, Editorial Galaxia, no que se segue o camiño de “Un mundo ao revés”, de cantar contos ou soños. Fran Amil senlleiro músico, compositor e produtor galego, que nos máis de 25 anos que leva de carreira formou parte de bandas moi importantes da música en galego coma os Papaqueixos ou Os Diplomáticos de Monte, vólvese a introducir na música para a cativada, conducindo ou guiando Chuches Amil, no que se rodea de grandes músicos e amigos.

“Monstros, con ou sen consentimento”,  recolle dez cancións, ou contos cantados nun libro-Cd con ilustracións de Manel Cráneo. Neste novo traballo segue a senda de “Un mundo ao revés”, onde os contos viranse en soños ou os soños viranse en contos e Chuches Amil están para cantalos.

alt

“Rock sideral”, “Son un lobo bon”, “Este robot é unha máquina”, “Ñam-ñam”, “O monstro-orquestra”… distintos monstros levados os ritmos do blues, rock, pop, swing … tamén nos trae monstros na Noite de Samaín ou que nos desexan boas festas polo Nadal con “Merry christmas peludos”, e remata cun argumento aos dereitos de toda a cativada en “Con ou sen consentimento”, onde se proclama o dereito a rir, a soñar, existir ou berrar. Monstros diversos e cotiás, que nos achegan a diferentes espazos musicais nos que cantar, e gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar.

Texto e fotos: Xabicas

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto