Cancións Clínicas, o último traballo de Chicharrón.


Cancións Clínicas é o terceiro traballo dos carballeses Chicharrón, o cal definen como un disco que sanda. A ver se temos sorte e nos fan aforrar en médicos este inverno, ou a lo menos, algo de música galega sempre nos axuda a levar mellor os días de frío.

O reconvertido trío Chicharrón sacaron en novembro do pasado ano, o seu terceiro traballo baixo o título de "Cancións Clínicas".
Consta de sete textos escritos por Alberto Vecino, ao que se suma un poema de Gonzalo Hermo “No seu despregar”, con este último poñen peche ao disco. Por se estes textos non foran suficientes inclúe tamén tres cortes instrumentais.

Se queredes  podedes ver o nacemento de O espanto (Occidental), unha das súas Cancións Clínicas.

Os textos foron escritos en salas de espera de hospitais e clínicas e reflicten as circunstanciais persoais do autor. A este súmanse Rubén Dominguez e Mara Pérez, para poñerlle a intensidade musical que precisan.

Un disco moi intenso que as veces sobrecolle e non deixa indiferente, ten a capacidade de manterte en pé, en equilibrio se pechas os ollos e te centras totalmente nel. Non sobra ningún corte, e na escoita segues o traballo enteiro sen despegarte del, ata que deixa de soar e te devolve a realidade.

Gran traballo do trío que se che agarra nas entrañas, desacouga, lévate e mantenche en tensión. Dende logo para min non pasa indiferente.

Se queredes escoitalo vós tamén, no seu bandcamp podedes facelo. E se non para abrir apetito o seu último videoclip.

Texto de Xabicas



Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto