Cabodano espertaron para non deixarvos durmir


Viñamos pensando que Cabodano era o aniversario da morte dunha persoa, mais descubrimos que non e imos espertando. O Espertar é o título do primeiro álbum do grupo de metal core Cabodano, que se vén xestando xa dende 2014, gravado, misturado e masterizado cos seus propios medios baixo o selo de "Novena Records".

Nós escoitámolo na rede, máis gustounos o formato do álbum: é un pen drive con forma de casete.  Na portada presenta unha estética na que podemos ver aos compoñentes do grupo descubrindo o corpo dun aforcado.  Se vós tamén lle queredes botar una escoita está a só un clic voso.

O 2018 tocaba fin con moitos discos de música galega vendo a luz, xa vos falamos de algúns deles como Nao, Cé, Tanxedoras ou Ezetaerre. Mais hoxe poñémonos algo máis metaleiras e vimos para falar do LP autoxestionado de Cabodano. Autoxestionado e humilde diría eu, pois a gravación foi realizada nas súas casas e no local de ensaio, sen grandes esperpentos.


Este LP consta de nove cortes que comezan cunha intro cunha tranquilidade que non agardamos, pode que incluso os primeiros acordes nos lembre ao son dos órganos dos cabodanos, para despois ir incorporando outros sons e berros, para zas!, broucazo con “Sentimento de culpa”, e xa nos adentramos nun estilo que non adoitamos ver acotío nos festivais do país. Xa dende este primeiro tema o son das guitarras acompañarannos durante toda a escoita. Mais noutras como “Odio” a batería cobrará máis importancia, acompañada perfectamente coa guitarra eléctrica. Un dos cambios máis acusados no disco é “Carniceiros”,  comeza cunha potencia de voz diferente, nalgún punto chega a lembrarnos á electrónica, e cara o final deixa uns punteados de guitarra. “Destino establecido” engánanos durante os primeiros acordes, facéndonos crer que estamos escoitando rock do país, para evolucionar cara a súa face máis metaleira novamente e coa que continuarán ata poñerlle peche o disco con “Falso amor”, así de golpe e sen esperalo.

Comezaron o ano asaltando a capital, presentando este disco o 12 de Xaneiro na Gentalha Do Pichel acompañados por Flúe. Mais se non vos foi posible acudir, tranquila rapazada, pois estrearanse por terras lusas polo mes de marzo no Lamaecum Metal Fest.


Texto LetyGF

Viñamos pensando que Cabodano era o aniversario da morte dunha persoa, mais descubrimos que non e imos espertando. O Espertar é o título do primeiro álbum do grupo de metal core Cabodano, que se vén xestando xa dende 2014, gravado, misturado e masterizado cos seus propios medios baixo o selo de "Novena Records".

Nós escoitámolo na rede, máis gustounos o formato do álbum: é un pen drive con forma de casete.  Na portada presenta unha estética na que podemos ver aos compoñentes do grupo descubrindo o corpo dun aforcado.  Se vós tamén lle queredes botar una escoita está a só un clic voso.

https://cabodano.bandcamp.com/releases

O 2018 tocaba fin con moitos discos de música galega vendo a luz, xa vos falamos de algúns deles como Nao, Cé, Tanxedoras ou Ezetaerre. Mais hoxe poñémonos algo máis metaleiras e vimos para falar do LP autoxestionado de Cabodano. Autoxestionado e humilde diría eu, pois a gravación foi realizada nas súas casas e no local de ensaio, sen grandes esperpentos.

Este LP consta de nove cortes que comezan cunha intro cunha tranquilidade que non agardamos, pode que incluso os primeiros acordes nos lembre ao son dos órganos dos cabodanos, para despois ir incorporando outros sons e berros, para zas!, broucazo con “Sentimento de culpa”, e xa nos adentramos nun estilo que non adoitamos ver acotío nos festivais do país. Xa dende este primeiro tema o son das guitarras acompañarannos durante toda a escoita. Mais noutras como “Odio” a batería cobrará máis importancia, acompañada perfectamente coa guitarra eléctrica. Un dos cambios máis acusados no disco é “Carniceiros”,  comeza cunha potencia de voz diferente, nalgún punto chega a lembrarnos á electrónica, e cara o final deixa uns punteados de guitarra. “Destino establecido” engánanos durante os primeiros acordes, facéndonos crer que estamos escoitando rock do país, para evolucionar cara a súa face máis metaleira novamente e coa que continuarán ata poñerlle peche o disco con “Falso amor”, así de golpe e sen esperalo.

Comezaron o ano asaltando a capital, presentando este disco o 12 de Xaneiro na Gentalha Do Pichel acompañados por Flúe. Mais se non vos foi posible acudir, tranquila rapazada, pois estrearanse por terras lusas polo mes de marzo no Lamaecum Metal Fest Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto