Marcelo DoBode presenta Turoqua en Pontevedra... e nas redes


O pasado domingo 17 de novembro Turoqua cobraba vida no Teatro Principal de Pontevedra que presentou unha entrada excelente para o debut do polifacético artista Marcelo Dobode. O seu novo traballo está xa dispoñible para a escoita online e nós aproveitamos a ocasión para nos deixar arrolar polo agarimo sonoro deste Turoqua. 

Acompañado dos seus músicos habituais, Adrián Saavedra (teclados), Felix Rodríguez (percusión) Mon Orencio (guitarras) e Xacobo Prieto (baixo), Marcelo puxo en escena todas as cancións que compoñen o álbum, cunha execución que foi alabada polos numerosos presentes, que practicamente enchían o Teatro Principal da cidade do Leres.


Turoqua innova traspasando as fronteiras da tradición, achegándoa á world music, ao jazz,... levándoa a un terreo onde sobran as etiquetas. Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo. Cancións que falan do amor e da terra. Cancións que soan a Gargamala e a Nova Orleáns. 

Unha única colaboración, Kiko Veneno -o ramo á calidade da proposta-, que decidiu colaborar con Marcelo en 'Bailalo', un arriscado que pon de relevo a calidade vocal de ambos os intérpretes. O disco está ao dispor do persoal no Spotify.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto