Camarada Nimoy estréase cun EP instrumental

De novo O Toxo Rabudo NetLabel achéganos unha proposta interesante. Trátase da estrea dos Camarada Nimoy, nova banda da cidade de Vigo. Surf, swing e jazz da man destes seareiros do Leonard Nimoy. Podes escoitar os 4 temas do EP de estrea do grupo no interior do artigo.


O disco, xa accesible na rede hai un par de meses, engádese agora a longa lista do selo galego. Temas instrumentais con arrecendo a banda sonora. Música americana dos 60 interpretada con solvencia por unha banda nova mais formada por músicos experimentados. Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) guitarra electrica e teclados, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) guitarra eléctrica e teclados. Velaí o combo que nos achega esta nova proposta. Opinade vós!



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto