Sorteamos 3 discos de Crebinsky

O vindeiro 15 de agosto sae á venda o disco de estrea da Banda Crebinksy, Jet Lag, (Fol Música, 2012). Nós xa o temos...estámolo a escoitar estes días, e a verdade é que gustamos del. E se ti queres incorporalo tamén á túa discografía, telo doado. Sorteamos 3 discos entre as persoas que nos manden unha mensaxe privada no noso Facebook ou a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo coa resposta correcta a unha pregunta moi sinxela...

De onde vén sendo Vadim, o cantante de Crebinsky?

Tes de prazo até o vindeiro sábado 4 de agosto para respostar...bule, non vaias quedar sen el!!

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto