Gostas do Surf? Gostarás de 4Waves...

Chegounos pola redacción un mail co disco de estrea de 4Waves. Trío de surf-rock de Vilagarcía que vén de tirar o seu EP de estrea, The First Ride. A Primeira Cabalgada, na súa edición en galego, é un traballo de surf-rock clásico, interpretado con solvencia. Podes escoitalo ou descargalo no interior do artigo...E decide que vas facer cando veña o maretón: Quedar na beira tapadiñ@ cun paraugas ou baixar ao torreiro a beillar 4Waves!

Non sabemos se os integrantes de 4Waves son surfeiros ou non. Porén, soubemos deles en surfGZ.com e coma os compañeiros da web surfeira galega, gostamos do seu surf-rock instrumental, -que fai pensar en Los Coronas-, mais ao que lle saben dar un xeito particular. Un xeito que atoparon, -eles propios o din-, mesturando Hawaii coas Rías Baixas. Equilibrando o sol co temporal.

Deixámosvos un vídeo ao vivo e o EP para escoitar/descargar. Boas ondas!



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto