Familia Caamagno saca disco de estrea

Se estes días espertades cunha cabeza de cabalo na cama ou chega á vosa caixa do correo un sobre cunha bala no interior, non teñades medo. É que estamos na semana mafiosa. A Familia Caamagno leva tempo desprazada desde a luminosa Reggio di Calabria até o noso país para nos obrigar a bailar nos seus concertos. Agora, dan un paso máis e sacan o seu primeiro traballo, para nos facer bailar tamén nas casas. Escóitao no interior!

Ecos mafiosos por todos os recantos do país estes días. Luns sacaron o seu traballo de estrea e hoxe ás 23:00h han entrevistalos no Planeta Furancho na Radio Galega. Mañá, xoves, ás 22:00 h. estarán en directo en Tourilandia na TVG e para rematar a semana, venres, na Capitol ás 21:00h. Velaí a semana mafiosa. Porque os traxes escuros, os chapeus e a elegancia transforman estes mozos de Sigüeiro nunha familia mafiosa da vella escola. O seu é rock dos 60 que arrecende a swing e a garage. No musical, na liña de moitas das novidades instrumentais destes meses, -Camarada Nimoy, Apocalypso,...-, sen se deixar atraer tanto polo surf e co toque canalla dunhas letras que falan de sexo, desamor e de Ringo Star. Por aquí, a que máis nos está a gustar é Se magnán chove, -lémbranos The Homens-. Opìna ti!

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto