42, novo traballo de Vicky Polard

Despois de dous anos de traballo, o cuarteto compostelán lanza o seu primeiro álbum. En xaneiro deste ano xa sacaran un pequeno adianto, Apocalypse Não, que marcaba as súas liñas mestras: Grunge e postpunk. Agora publican 42 e fano amodiño, subindo desde a pasada semana cada día un novo tema ao seu bandcamp. Escoita o que levan subido xa do disco no interior e opina!


Grunge e postpunk. Guitarras omnipresentes e letras que falan do seu mundo interior.  Nirvana e Joy Division. Cadencias de baixo que tecen o comezo dun novo tema. Rock alternativo en estado puro para a estrea discográfica destes composteláns. Eles propios cóntannos que máis participou nesta súa estrea: Angela Merkel, Os mercados, Joy Division, Mercadona, Santiago de Compostelas, o amor e Acapulco, Nirvana, Pearl Jam, Seattle, Cannabis Sativa, Los Canardos VP Tribute Band, As ataque escampe, Música na noite, Trazo, Muxía, Romilar Solución oral, o sexo ou a falta do mesmo, Lois Pereiro, Conde Roa power pop triubute cocaine band, Corcubión, Radiohead, Alice in Chains, Soundgarden, Blur, Pimpinela, Discoteca Apolo, frustacións infantís, frustacións xuvenís, toda clase de frustacións, Centro comercial As Cancelas, Jeff Buckley, ... Escóitao e opina!



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto