Ritmo Serbio, novo disco de Terbutalina

Xa está dispoñíbel para escoitar e descargar o novo traballo de Terbutalina. Gravado no Estudio A Ponte de T. Ageitos en Roxos (Belgrado) e mesturado en Estudios Mandelson, tamén na Península Balcánica. Deseño de ArinsPunk por cortesía de Contrasurco. O traballo será presentado o vindeiro 7 de marzo na Capitol de Compostela, xunto aos Familia Caamagno. Ademais de a todos eles, Terbutalina non quere deixar de agradecerlle a Conde Roa a súa existencia vital. Sen el, probabelmente non bailariamos o ritmo serbio.


Alén dos membros da formación, Migui, Mon, Samu, Brais e Carlos, colaboraron no traballo Víctor Manelson de Funkin' Bastards, Manuele e Francesco da Familia Caamagno, Miguel Duarte dos Ruxe e Sokram e Mou de DKTC. O que escoitamos así de primeiras gustounos, escoita e opina ti!



{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto