John Deeres, Losto Kynski, Tira do Peito,...novidades no Toxo Rabudo NetLabel

Capa do disco de Losto KinskyNos primeiros 3 meses de 2013, o sempre activo catálogo do Toxo Rabudo incorporou varias novidades. Traballos de hai un par de anos, como o de The Brosas, e outros actuais, como a estrea de Losto Kynski e Tira do Peito. Tamén novos discos dos Narvais ou os John Deeres. Degustamos a primeira colleita deste 2013 no NetLabel de referencia da música libre galega.

O NetLabel Toxo Rabudo leva incorporado unha ducia de novos discos ao seu extenso catálogo nestes primeiros meses de 2013.

Imos botarlle unha ollada a estas novidades. Lembra que premendo nas ligazóns, accederás ás descargas dos discos. O labor do NetLabel comezou co traballo ao vivo dos Esquíos na Capitol e remata polo de agora coa estrea de Losto Kinsky, unha banda que versiona clásicos do rock mundial á galega. Aquí os tedes tocando o American Woman  Muller Galega no Local Social do Ghato en Vilariño:

Polo medio, 8 o disco de estrea dos John Deeres. Xa que logo, rock metaleiro mais tamén moito punk: o novo dos Terbutalina, do que xa falaramos en GZmúsica, a estrea de Tira no Peito,  ou un EP dos Narvais.

Vídeo dos John Deeres, con montaxe de fotografías en homenaxe a Man de Camelle, a quen lle dedican A lingua do mar:

Tamén algún traballo de tempo atrás ve agora a súa edición no Toxo Rabudo. É o caso da estrea no 2011 de The Brosas ou o Almas da Noite de Kastomä, os dous dispoñibles tamén nas Descargas da nosa web. Outro traballo interesante que pasa a engrosar o catálogo, tamén gravado hai uns anos, é o Planeta Iribarne de Los Iribarnes.

{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto