Escoita o novo de Terbutalina, 'A Muerte'.

O novo traballo dos de Muros bate no noso corpo sen contemplacións e sen acougo. Unha outra bomba punk de apenas quince minutos de duración. Temas curtos, guitarras omnipresentes e letras acedas. Terbutalina demostran co seu sexto traballo que seguen a atravesar un espléndido momento. Escoita aquí as 10 cancións do seu novo disco, publicado hoxe. Coidado, que aínda queiman!


Despois dun 2011 de moita actividade, -2 discos de estudio e un directo en apenas 6 meses-, os integrantes de Terbutalina avezáronse a ir presentando un disco novo anualmente. Así, no 2012 Broncodilatador e no 2013 Ritmo Serbio foron aparecendo para satisfacer o devezo da cada vez máis numerosa lexión de sereiras e seareiros do gastro-punk de Muros.

O proceso repítese este ano. En acabando os concertos do verán, semella que Terbutalina se recolle no seu cuartel de inverno para traballar temas novos, que publican a comezos de ano. Non é algo desde logo exclusivo deles, -de feito, a maioría das bandas actúan máis ou menos igual cando están a pleno rendemento-, pero o que si demostra este novo -sexto- traballo é que Terbutalina veu para quedar e se facer un oco na música galega.

A muerte é un disco de 10 temas mais apenas 15 minutos. Tempo dabondo para concentrar toda a esencia do grupo.


{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto