Invivo presenta Cárcavas

A sala TNT de Compostela acollerá o vindeiro sábado 24 de maio a presentación ao vivo do novo traballo de Invivo, Cárcavas. A banda metaleira publica este novo traballo despois de experimentar unha, nas súas propias palabras, metamorfose. Así, uns problemas na voz do grupo, Mario, fixo que o micro fose collido por Roberto Filgueira. Tamén entrou na banda Bruno Castro no baixo. A gravación fíxose nos estudios Pousada Son de Ames. Sube o volume e pégalle unha escoita ao traballo no interior deste artigo. Quedarás impresionad@!

As cárcavas son os sucos que as arroiadas fan na terra. As feridas que a auga fai ao bater no chan. Despois do Introvisión de 2009, este é o nome escollido por Invivo para o seu novo disco, que chega con mudanzas na formación. Porque a banda de metal Invivo publica o novo disco, Cárcavas, tras a experimentación dunha metamorfose. As modificacións apareceron motivadas a raíz duns problemas na voz orixinal do grupo, Mario César a inicios de 2013. Cos temas practicamente rematados para entrar no estudo, deciden apostar polo paso da testemuña do micro a Roberto Filgueira. Así mesmo, coma novidade, o grupo integra a Bruno Castro (Sarabia, Crying Wolves, Nerium,...), coma novo baixista, outorgando un son máis redondo.

Invivo presenta agora Cárcavas, a forza da natureza arrasando as terras malas, abrindo longas fendas, físicas e emocionais,...
Producido por Iago Pico e Invivo nos Pousada Son Estudios de Ames (A Coruña) entre novembro de 2013 e marzo de 2014, cun deseño de Laura Riveiro e vídeo oficial ideado e dirixido por Lois Rodríguez.

Aquí o tes, pégalle unha escoita que paga moito a pena:



VIDEOCLIP DE CÁRCAVAS
{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto