N.O.M. presenta o seu segundo traballo

N.O.M., Nova Orde Mundial, é unha banda de Ordes formada hai algo máis dun ano por antigos membros de bandas coma Kastomä, Chícharo Psicótico ou Electróxeno. Neste novo proxecto manteñen a liña destas bandas, e preséntanse coma un cuarteto metaleiro con toques de punk-rock. Despois de sacar un EP de estrea no 2013, veñen de publicar os 6 temas que compoñen o seu segundo disco. Pégalle unha escoita!



O seu son, segundo eles mesmos, pódese definir como metal, aínda que con algún que outro destello punk-rock. A banda está composta por catro membros: Soneira (voz),Gael (guitarra),Prego (batería) e Suite (baixo).

N.O.M., Puro Ordes Sound, na liña de Machina ou nomeadamente Kastomä. Paga a pena escoitalos!


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto