Para unha vez que saímos, o novo da Familia Caamagno

A Familia Caamagno arrumba no faiado os traxes do exitoso Hai que andar cos tempos! e aquela as novas chaquetas vermellas. Para unha vez que saímos, o novo da Familia Caamagno, preséntase mañá venres 4 de marzo na sala Capitol de Compostela e os de Sigüeiro han estrear tamén a nova vestimenta. Escoita os temas xa dispoñibles na rede e aprende os retrousos para berrarllelos mañá en Santiago.


Para unha vez que saímos é a nova entrega discográfica da Familia Caamagno, a banda fundada no 2011 por 5 furibundos amantes do pop e o rock'n'roll na vila de Sigüeiro (A Coruña), e que supón a súa confirmación como un dos conxuntos a ter máis en conta dentro do cada vez máis vibrante panorama musical galego.

O  novo disco chega despois da excelente acollida do predecesor Hai que andar cos tempos! no país, que os levou a primeira liña da música galega. E a repercusión no foi só na Galiza, pois obtivo recoñecemento en medios estatais como un dos mellores traballos do 2014. A Familia Caamagno decidiu repetir gravación nos Estudios Circo Perrotti de Xixón, por onde xa pasaron artistas de recoñecemento  internacional como The Cynics ou The Fleshtones, e conta novamente con Jorge Explosión para producir os seus temas.

Os seis novos números que configuran este mini LP fan un variado percorrido polos diferentes ritmos musicais dos que gostan: dende o rock'n'roll bailongo e acelerado, ao que xa nos teñen acostumados, de “Monstro Subnormal” ou “Eu Moto Run‐Run”, pasando pola escuridade garaxeira de “O Tempo do Lobo”,  os 60's máis clásicos de “Lausanne”, e rematando por terreos menos explorados polos Caamagnos como a lixérsica “Fuga de Cerebros” ou a power pop “Non saio máis”.


{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto