Pantis publica "Pranto", o seu primeiro álbum

Pantis presenta "Pranto", un trabalo dacabalo entre o pop e o kraut, coa electrónica como base. A estrea do proxecto en solitario do músico grovense Rubén Domínguez, membro de Chicharrón, foi gravada no Estudio Terraforma de Cangas e vaise presentar a partir de marzo polo país. Bótalle unha escoita a esta viaxe por descricións oníricas e paisaxes interiores levadas polos ritmos frenéticos dos sintetizadores.



Pantis é o proxecto en solitario do músico grovense Rubén Domínguez, que tamén forma parte do grupo Chicharrón. Lanzado oficialmente o pasado 24 de febreiro pola editora PRENOM, o disco está formado por sete temas, nos que a presenza de sintetizadores e ritmos frenéticos son a tónica dominante no instrumental. Gravado, mesturado e masterizado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma de Cangas do Morrazo, a produción corre a cargo do propio Rubén Domínguez que gravou todos os instrumentos e voces, excepto a batería, na que participou Cibrán Tenreiro (Monstruo, Esposa).

Pranto semella de comezo unha prácida -e insípida- viaxe polo pop de sintetizadores. Pero remata nunha visita a un universo de atmosfera por veces desacougante, encrespada polos ritmos frenéticos das bases electrónicas. Entre eles, a voz de Pantis cóanos paisaxes que nos van escapando como se ollasemos para elas desde a xanela dun tren. Apoiados no cristal frío e embafado, debúxansenos amores perdidos e saudades que enxergamos apenas.   

Aquí algunhas das datas que se irán completando nos próximos días:

26 de marzo – Vigo

9 de abril – Santiago de Compostela

22 de abril – A Coruña, Playa Club + Triángulo de Amor Bizarro

4 de xuño -  Nave 1839, A Coruña

TEXTO: s. murias

Comentarios  

 
0 #1 Zack 13/05/2018 04:48
Wow, marvelous blog layout! How long have you been blogging for?
you made blogging look easy. The overall look of your site is wonderful, as well as The Millennium Development Goals Essay: http://999essays.com content!
Citar
 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto