Primeiros bicos, escoita o novo de Ataque Escampe

Ataque Escampe vén de subir ao seu bandcamp o seu novo disco, Primeiros bicos (Discos da Máquina, 2017). Só escoitaramos "Papá Borracho" e "Alan Lomax" e xa deveciamos por darlle unha escoita ao resto do disco, seguro que vós tamén. Aquí o está. Tedes dez días para aprender as letras e ir cantar con elas na presentación do traballo, o 24 deste mes na Capitol de Santiago xunto a Emilio José.

Ataque Escampe preséntannos un disco máxico. Debaixo da capa gris e aburrida do disco, agáchanse marabillas, que só se poderán descubrir na versión física do traballo, despois de rascar cunha moeda. Un "Raña e Gaña" para lle poñer un pouco de cor a nosa vida. Iso pretende Primeiros bicos, unha coprodución de Julio Vilariño Cabezas e Ataque Escampe para Discos da Máquina. Todos os temas están compostos por Ataque Escampe e o traballo foi gravado, mesturado e masterizado por Carlos e Alberto Quintá no estudio As Gonzalinhas (Bermés, Lalín) entre marzo de 2016 e xaneiro de 2017.

Para alén das Ataque Escampe, isto é, Álvaro Trillo: batería e percusións; Lois G. Carlín: baixo e coros; Samuel Solleiro: guitarra, samples e coros; Miguel Mosqueira: guitarra, voz e coros; Roi Vidal: sintetizador, voz e coros, tamén formaron parte destes Primeiros Bicos Úrsula Rial (coros en «E eu que chorei con Ghost»), Carlos Quintá (coros en «E eu que chorei con Ghost»), Benxamín Otero (guitarra en «Mondariz-Balneario») e Julio Vilariño Cabezas (pedais e feedback en «Nunatak», «Barrio Sésamo» e «Vida eterna»).

Velaquí o tes, quente do forno!



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto