Dakidarría tamén falou connosco no Arrechéghate ao Fento

Ademais de co Sonoro Maxín, o pasado sábado 16 de xuño tivemos tempo de facerlle unhas preguntiñas a Dakidarría. A banda do Val Miñor anda a apresentar o seu último disco este verán e fixeron un oco na proba de son para falar connosco. De novo, e coma sempre, graciñas á xente de Borneira Audiovisual polo traballón que fan. Aquí tedes a vídeo-entrevista.



Falamos co Sonoro Maxín en Bembrive

Sábado 16 de xuño celebrouse a segunda edición do Arrechéghate ao Fento, na parroquia viguesa de Bembrive. GZmúsica pasouse por alí a media tarde e entre proba de son e proba de son falamos un pouquiño cos grupos galegos participantes. Aquí tedes a primeira destas entrevistas. Ico, cantante do Sonoro Maxín, cóntanos como foi o proceso de gravación do seu disco de estrea e dos proxectos a curto prazo da banda ourensá.

Os Tres Trebóns no Reperkusión

Sen tempo non era, pero aquí tedes o derradeiro vídeo que gravamos no Reperkusión. E claro, para o final había que deixar o mellor. Os Tres Trebóns, a banda galega que abriu os concertos do primeiro día de festival. Falamos con eles e contáronnos cousas ben interesantes. Entrevista coa big band da música galega e tres pezas do directo do xoves 17 de maio en Bemposta. Aquí o tedes.

Ler máis...

Dubioza Kolektiv fala con GZmúsica

A pasada fin de semana falamos un pedazo cos Dubioza Kolektiv, uns dos participantes no Reperkusión. A banda bosnia, -un auténtico fenómeno de masas nos Balcáns-, visitou o país para nos achegar a súa mistura de ska, hip hop e música balcánica. Cancións moi bailables, letras comprometidas, -en bosnio e inglés-, para unha das sorpresas do festival deste ano. No interior, a vídeo entrevista con dous dos compoñentes deste colectivo. Non estamos totalmente certos, pero probablemente sexa a primeira entrevista feita en galego e bosnio da historia. E isto non tería sido posible sen a colaboración de Eva, unha galega do Morrazo que vive en Novi Sad. Graciñas pola axuda e a paciencia.

Ler máis...

Falamos con Kiril Dzajkovski no Reperkusión2012

A pasada fin de semana en Bemposta, ademais de pasalo moi ben gravando vídeos perralleiros cos nosos festivaleiros, tamén tivemos tempo de facer algunha vídeo-entrevista. Coa axuda, coma sempre, de Borneira Audiovisual. Estivemos a falar con varios dos artistas que pasaron polo escenario grande do Reper. E como non queremos que a xente pense que estamos ensimesmados na música galega, comezamos esta xeira de entrevistas coa que lle fixemos a Kiril Dzajkovski. Vídeo no interior.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 6 de 7

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto