"Quen se achegue á música de Machina sen complexos poderá desfrutar dela"

A pasada fin de semana os Machina apresentaron o seu novo traballo, Ensaio sobre o silencio, no Salón Parroquial de Meirama. GZmúsica non puido estar aló, pero cóntannos os que si foron que houbo máis de dúas horas de rock sen concesións. Arroupados polos amigos de Kastomä, O Leo e Supahcan Selectah, a banda de Cerceda ofreceu un directo bestial que os coloca entre as bandas de referencia do rock-metal do país. Aquí tedes unha pequena entrevista que lles fixemos hai pouquiños días, por mor deste novo lanzamento discográfico.



GZmúsica - O voso anterior traballo, Postbravú, deuvos a coñecer no mundo da música galega, valeuvos tamén para poderdes tocar en directo? Como foron estes dous anos nese aspecto?

Machina - Moi positivos.  Post-Bravú foi un golpe na mesa para facernos oír e ver.Abriunos as portas de moitos festivais  nos que compartimos cartel e  escenario con grandes bandas.  Gañamos o Cantalingua 2010 o que supuso unha semana enteira de concertos por todo o país, durante esa semana poidemos experimentar o que é vivir desto  da música. Con este disco fomos invitados polos Berri Txarrak para abrir os seus concertos en Galicia.

GZm - Que tal a experiencia nos concertos acústicos da xira Desenchufados?    

MaCh - A xira desenchufados  foi unha experiencia moi enriquecedora pois suspuso un reto moi importante para a banda versionar os seus propios temas en clave acústica sen perder a esencia de Machina. Abriunos as portas dun novo público que por prexuízos non nos conñecía e suposo unha sospresa para os que xa nos viñan seguindo tempo atrás. Temos a sensación de que a xente se quedou con ganas de máis pero de momento terán que seguir agardando.

GZm - O outro día, no planeta Furancho, diciades que a xira cos DKTC, os acústicos, etc. fixeran madurar o grupo. Vaise notar isto no novo disco?

MaCh - Cremos que o proceso de maduración do grupo é  algo natural no que contribuíron esas circuntancias que mencionas e moitas outras máis como  o compartir escenario con grandes bandas, coñecer xente doutras bandas moi grandes pero que non teñen a acollida que se merecen, etc. É un cúmulo de cousas boas e malas  que o tempo e a experiencia che fan vivir . Obviamente o contacto co público que te segue e que che contan a súa particular visión de Machina e da súa música tamén te fai reflaxionar. O novo disco entendemos que  ten un carácter moi natural  en canto á estructura das cancións e das súas melodías.

GZm - Apostades polo CD. E por riba moi traballado, cun deseño orixinal. Cal é o motivo de escoller ese formato?

MaCh - A estas alturas do partido todos sabemos que o formato CD está sentenciado a desaparecer pero unha banda  do circuíto “underground” ou “alternativo” como é Machina non ten máis remedio que agarrase ao que hai, por pouco que sexa, neste caso o CD, para manterse dando sinais de vida e que a xente sinta que segues aí. Aos medios de comunicación que son os que te poñen en contacto coa xente chegas se tes algo que dicir, que presentar, etc. É certo que hoxe en día as redes socias son unha canle importantísima pero aínda non definitiva.  Con todo, pensamos que  o estar condicionados ao formato CD non implica ter que ofrecer algo  totalmente convencional e polo tanto decidimos  apostar por un packaging pouco usual que supoña un incentivo para a xente que queira mercar a nosa música.

GZm - Imaxinamos que sodes conscientes de que moita xente vos descubriu ou viuvos ao vivo por vez primeira a carón dos DKTC, tanto seguidorxs do hip hop como festivaleirxs. Pensades que lles prestará o novo traballo?

MaCh - Supoñemos que algunha xente nos descubriría nos concertos nos que acompañamos a DKTC  do mesmo xeito que outros nos coñeceron nos nosos prorpios. Os concerto con DKTC foron unha experiencia gratificante, supoño que os seguidores do hip-hop como os de outros des estilos musicais se se acercan á nosa música sen prexuízos poderán desfrutar dela.

Aquí tedes un petisquiño do que aconteceu en Meirama o sábado 14 de abril.




Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto