Galicia Fest: Galicia enteira é un festival

Igual xa as viches por algún festival, gravando e sacando fotos. Ou quizais es seguidora da súa Youtuber, Catuxa. Se non é así, presentámosche un novo proxecto arredor da música galega, Galicia Fest. Un proxecto multiplataforma que naceu como TFG de catro alumnas da Universidade da Coruña e que hoxe mesmo foi apresentado diante do tribunal, que as felicitou polo traballo e as animou a continuar. Cadramos con 3 delas, Julia, Cris e Berta en Combarro hai unhas semanas. Foran até alá para entrevistar un dos organizadores do Armadiña Rock, Afonso Vilanova, e nós aproveitamos para tomarlle un refresco -houbo quen se atreveu coa cervexa con ghasiosa- na vila mariñeira e falar un chisco con elas.

Cristina Pérez Lado, de Vimianzo, Nerea Fernández Giz de Lugo, Julia Saavadra Gayoso de Guitiriz e Berta Pan Cambón de Arteixo. Velaí as 4 mozas que están atrás de Galicia Fest. Igual xa as viches por algún festival, gravando e sacando fotos para o seu proxecto arredor da música galega, Galicia Fest. Un proxecto multiplataforma que naceu como Traballo Fin de Grao destas catro alumnas da Universidade da Coruña para dar unha maior visibilidade aos festivais de música do país e para informar os asistentes de todos os festivais que existen no noso territorio e as súas novas. Cadramos con 3 delas, Julia, Cris e Berta en Combarro no verán e isto foi o que nos contaron.

Explicáronnos que o seu traballo se vai ver plasmado nun documental sobre o mundo festivaleiro galego, que veñen que presentar, como TFG, hoxe mesmo. “Non é un TFG individual, o típico doutras carreiras. Un traballo deste estilo ten que ser, loxicamente, colaborativo e cada unha de nós ten un rol asignado, aínda que ao final todas facemos un pouco de todo”, cóntannos. A súa idea inicial era facer un percorrido desde os primeiros festivais de Ortigueira, Moeche ou Pardiñas até a situación actual, mais a medida que as gravacións se ían realizando, xurdiu algo que lles fixo engadir un matiz no fío condutor do proxecto. “Nas entrevistas, moitas persoas contáronnos como os primeiros festivais galegos loitaron contra a censura que era algo do pasado, do franquismo, e agora esta censura aparece de novo, e non só nos festivais, pareceunos interesante enfocar o noso percorrido histórico polos festivais relacionándoo coa censura que existía e existe en cada época”, dinos Cris. 

Pero Galicia Fest é máis ca un documental. Están presentes -e activas- en todas as redes sociais e empréganas cunha creatividade da que persoalmente gostamos moito. Xa che falamos da súa youtuber que tanto che conta 30 datos curiosos dos festis coma se marca un 20 songs tag. Tamén van sacar vídeos en 360º, unha maneira impresionante de "sentir" que estás dentro dun concerto e non vendo un vídeo. 

Preguntámoslles se o proxecto vai seguir despois de acabaren o traballo. “Moita xente anímanos pero hai que comer e o gasto que supón isto é inasumible sen profesionalizarnos”, comentan. Ben sabemos en GZmúsica o que custa cubrir festivais e elas, estudantes, sófreno aínda máis. “A única axuda que tivemos foi de 75 euros por facer o TFG en galego. Só eu xa gastei 80 no primeiro festi que fun, o Ouren Rock” di Julia. Os desprazamentos son continuos e o pésimo transporte público obriga a usar o coche. “Saíanos a conta alugar un piso nas Rías Baixas, tedes todo concentrado aquí”, bromean. “Julia é de Guitiriz, Cris de Vimianzo e eu de Arteixo -explica Berta- xuntámonos en Compostela e viaxamos nun coche, vimos moitísimo ao sur. Hoxe, Combarro, o outro día fomos a Nigrán a entrevistas a Gabri de Dakidarría -tratounos super ben toda a banda-, fomos a Vilaxoán, á Illa de Arousa, a Caldas de Reis...” Evidentemente, seguirlle o ritmo ao verán festivaleiro galego custa cartos mais elas non lle pechan totalmente a porta a continuar co proxecto da que presenten o documental. Ademais, despois de levalo á universidade teñen en mente subtitulalo en español para poder presentalo en festivais de cine estatais o vindeiro ano ou quizais tentar espertar o interese dunha TVG que debería apostar moito máis por propostas deste estilo. Despois xa se verá, pero a impresión que dan é a de estar a pasalo ben realizando o proxecto. De seguro que se han converter nunhas habituais dos festis galegos!!

Aínda tardarán un pouco en subir o seu documental ás redes, pois van retocar algunha cousa e como dixemos queren ver de poder movelo en festivais e/ou TV, pero podemos gozar deste trailer para ir collendo gana de miralo

FOTOS E TEXTO: GZmúsica



Igual xa as viches por algún festival, gravando e sacando fotos. Ou quizais es seguidora da súa Youtuber, Catuxa. Se non é así, presentámosche un novo proxecto arredor da música galega, Galicia Fest. Un proxecto multiplataforma que nace como Traballo Fin de Grao de catro alumnas da Universidade da Coruña para dar unha maior visibilidade aos festivais de música do país e para informar os asistentes de todos os festivais que existen no noso territorio e as súas novas. Cadramos con 3 delas, Julia, Cris e XXX en Combarro esta semana. Foran até alá para entrevistar un dos organizadores do Armadiña Rock, Afonso XXX, e nós aproveitamos para tomarlle un refresco -houbo quen se atreveu coa cervexa con ghasiosa- na vila mariñeira e falar un pouquiño con elas.
Explicáronnos que o seu traballo se vai ver plasmado nun documental sobre o mundo festivaleiro galego, que teñen que presentar, como TFG, a comezos do outono. “Non é un TFG individual, o típico doutras carreiras. Un traballo deste estilo ten que ser, loxicamente, colaborativo e cada unha de nós ten un rol asignado, aínda que ao final todas facemos un pouco de todo”, cóntannos. A súa idea inicial era facer un percorrido desde os primeiros festivais de Ortigueira, Moeche ou Pardiñas até a situación actual, mais a medida que as gravacións se ían realizando, xurdiu algo que lles fixo engadir un matiz no fío condutor do proxecto. “Nas entrevistas, moitas persoas contáronnos como os primeiros festivais galegos loitaron contra a censura que era algo do pasado, do franquismo, e agora esta censura aparece de novo, e non só nos festivais, pareceunos interesante enfocar o noso percorrido histórico polos festivais relacionándoo coa censura que existía e existe en cada época”, dinos Cris. 
Pero Galicia Fest é máis ca un documental. Están presentes -e activas- en todas as redes sociais e empréganas cunha creatividade da que persoalmente gostamos moito. Xa che falamos da súa youtuber que tanto che conta 30 datos curiosos dos festis coma se marca un 20 songs tag. Tamén van sacar vídeos en 360º 
Preguntámoslles se o proxecto vai seguir despois de acabaren o traballo. “Moita xente anímanos pero hai que comer e o gasto que supón isto é inasumible sen profesionalizarnos”, comentan. Ben sabemos en GZmúsica o que custa cubrir festivais e elas, estudantes, sófreno aínda máis. “A única axuda que tivemos foi de 75 euros por facer o TFG en galego. Só eu xa gastei 80 no primeiro festi que fun, o Ouren Rock” di Julia. Os desprazamentos son continuos e o pésimo transporte público obriga a usar o coche. “Saíanos a conta alugar un piso nas Rías Baixas, tedes todo concentrado aquí”, bromean. “Julia é de Guitiriz, Cris de Vimianzo e eu de Arteixo -explica XXX- xuntámonos en Compostela e viaxamos nun coche, vimos moitísimo ao sur. Hoxe, Combarro, o outro día fomos a Nigrán a entrevistas a Gabri de Dakidarría -tratounos super ben toda a banda-, fomos a Vilaxoán, á Illa de Arousa, a Caldas de Reis...” Evidentemente, seguirlle o ritmo ao verán festivaleiro galego custa cartos mais elas non lle pechan totalmente a porta a continuar co proxecto da que presenten o documental. Ademais, despois de levalo á universidade teñen en mente subtitulalo en español para poder presentalo en festivais de cine estatais o vindeiro ano. Despois xa se verá, pero a impresión que dan é a de estar a pasalo ben realizando o proxecto. Sucédense as anécdotas
Tiveron q facer escolla de festis, trato moi ben, cada unha seu estilo, grupos ben

Comentarios  

 
0 #1 Rosalinda 21/11/2017 14:10
I have noticed you don't monetize your website, don't waste your traffic, you
can earn additional bucks every month because you've got
hi quality content. If you want to know how to make extra
$$$, search for: Boorfe's tips best adsense alternative

Feel free to visit my blog FirstKing: https://09Lorenzo.blogspot.com
Citar
 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto