Un dos fundadores do histórico grupo vigués, o cantante das barbas longas e a voz tronante, apareceu morto no seu domicilio este domingo. Adolfo Domínguez, Fito, é peza imprescindíbel no nacemento do grupo na década dos 70 no barrio operario de Teis, na cidade de Vigo. Precisamente nas tabernas da zona, onde se reunían a cantar os obreiros do metal, foi onde xurdiu o xérmolo do que despois sería A Roda. O propio Fito foi soldador nos asteleiros para dedicar despois toda a súa vida á difusión e recoñecemento da nosa música tradicional.
Escoitas música no choio? Seguro que nunca deches en pensar se a música que escoitas é a axeitada para o teu traballo. Vai ben o hardcore para unha carpinteira? Pode un percebeiro escoitar Milladoiro mentres apaña crustáceos? Nós, que tamén escoitamos música mentres traballamos, estudamos o tema e traémosvos algunha suxestión.
Máis artigos...
- Documentario sobre o movemento Bravú
- Novidades do Rock Galego
- Xeración Xabarín, a web do noso clube
- Oso ondo, Madonna
- Estréase en Irlanda o documentario sobre a De Cuellar Suite
- Analizamos a presenza galega nos Premios da Música Independente
- Os Cempés volven con Tentemozo
- Projecto Trepia na TVG
- Os Campaneiros de Vilagarcía contra o 1980
- Os Ulträqänzinhos á conquista de Euskal Herria
- Os Kambotes volven a Rodeiro
- Loretta Martin apresenta "Despois da Mandinga"
- Kastomä estiveron bourando por Aldán