Na memoria de Tabe, baixista de Zënzar

Na mañá de onte, 2 de novembro, a triste nova do falecemento de José A. Regueiro "Tabe" correu polo país. En mil recantos diferentes, unha acordeonista, un batería, un traballador do metal, unha estudante e centos de músicas e seareiras máis quedaron paradas no medio do seu labor cotián e sentiron como a tristeza tapaba o sol. Os medios dixitais galegos recollían a nova e as redes sociais enchíanse de mensaxes de agarimo para o que fora durante case 30 anos o baixista de Zënzar. Nós tivemos a sorte de coñecelo, de velo tocar e queremos lembralo con alegría, tocando cos seus Zënzar en calquera local do país. Sempre con nós, Tabe!

Ler máis...

Sandra Piñeiro, nostalxia cangueira para o seu primeiro tema de estudio

Sandra Piñeiro preséntanos "Nostálxicos", a súa estrea nun estudio de gravación, despois de 2 anos levando as súas cancións de concerto en concerto. Gravada en Abrigueiro Estudios e producida por Arturo Vaquero, na canción Piñeiro conta coa colaboración de Fran Brea á guitarra e David Taboada ao piano. Se che presta, estás a tempo de vela ao vivo no Café Uf de Vigo o vindeiro 4 de novembro.

Ler máis...

O verán é tempo de Festicultores Troupe

Festicultores Troupe estrea 'Cobra', gravada en colaboración coa banda francesa Funky Style Brass. Ritmos festeiros, sons frenéticos e letras con gags de humor seguen sendo os principais trazos identificativos deste grupo. O novo tema xa soou esta fin de semana no Festival da Mocidade de Palas e no Larouco Fest e ha facelo en Boimorto ou As Pontes no mes de xullo e mais nun montonazo de lugares durante o resto do verán.

Ler máis...

As branquias absurdas de Oh Ayatollah!

Oh! Ayatollah estreáronse en abril deste ano cun EP cargado de punk, nihilismo, berridos e impotencia. O Brais Arroutado escribiu esta fantástica crónica un día de Breixit calquera, bo momento seguro para falar de algo tan british como Cancións por se non te quere xa e de paso facer coma os Lannister e saldar a súa débeda. Non deixes de ler a súa crónica e darlle unha escoita a estes cinco temas de OAh! Non te has arrepentir!

Ler máis...

Single, vídeo e minixira: Ataque Escampe dálle duro no mes de xuño

Vese que as Ataque Escampe son alumnas aplicadas e queren aprobar todo en xuño. Despois duns meses de pouca actividade, presentan un novo single con dous temas, "Alan Lomax" e "Papá Borracho", o videoclip da primeira destas cancións e unha pequena xira polo país para as presentar que as ha levar até A Coruña, Ourense, Compostela e Pontevedra. Escoita, ve e entérate de todo neste artigo.

Ler máis...

Uxía e Narf chegan hoxe venres a Vigo para presentar en concerto o seu disco ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’

Os dous grandes da música galega retornan ó país tras unha exitosa xira polos Estados Unidos. Baladas é un concerto en formato intimista no que os artistas invitan o público a coñecer o seu variado repertorio onde reinterpretan os seus temas máis coñecidos e algúns inéditos.Tamén se estreará un videoclip do artista Carlos Lago 'O Terser Home', unha animación sobre o tema 'Galician Lullaby' que abre o disco.

Ler máis...

Xosé Constenla comeza xira hoxe en Ourense

Xosé Constenla leva Virada por Avante a oito concellos galegos durante o mes de maio. Unha xira de primavera que o fará estar de novo nas cidades de Ourense, hoxe, e Santiago de Compostela, ademais de en varios concellos das provincias de Lugo, mañá en sesión vermú na capital, e Pontevedra, e tamén na Coruña. En diversos formatos ou con convidados como Uxía ou O Leo hoxe no Auriense, moitas opcións para ollar ao vivo o novo disco de Constela.

Ler máis...

Guadi Galego, en Pontevedra e A Coruña no mes de maio

A flamante gañadora do Premio Martín Códax na categoría de Canción de Autor, estará este sábado 7 de maio ás 21 horas no Teatro Principal de Pontevedra e o vindeiro, día 14, no Centro Ágora da Coruña. Entradas a 10 euros máis gastos en internet ou na billeteira unha hora antes do concerto. Despois de encher o Principal de Compostela, Galego volverá ofrecer un concerto baseado nos temas do seu exitoso Lúas de outubro e agosto.

Ler máis...

Rebeliom do Inframundo, en formato audiovisual

O grupo grava estes días o videoclip co que presentará o seu novo traballo, "Lume e rebeliom" en localizacións do sur do país. A presentación deste novo disco será o vindeiro 30 de abril na sala A Farándula de Vigo mais hoxe tamén será posíbel ver en acción a crew do Condado pois estarán esta noite ás 22:30h abrindo o concerto de Dakidarría na Sala Masterclub tamén da cidade olívica.

Ler máis...

A Terbualdea vai ser unha realidade

Terbutalina levaban anos dándolle voltas a un proxecto, do que apenas quixeron contarnos nada -como por outra banda adoitan facer con nós- mais do que por fin sabemos algo máis. Preguntámosllelo hai dous anos no Revenidas e non arriaron nada pero agora podemos afirmar que a Terbualdea vai ser unha realidade. A banda de Muros con algún membro de Esteiro vai comezar mañá mesmo un VERKAMI para poder adquirir unha propiedade para reformar na Costa da Morte. O vello proxecto dos punks da Barbanza, un lugar con prohibición do sexo indoor e un concerto de Terbutalina a diario axiña será unha realidade.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 4 de 23

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto