Unha outra mala nova sacode a música galega, nun mes de novembro para esquecer. Fran Pérez, o Narf, vén de falecer hoxe, despois dunha curta enfermidade que xa o obrigara a suspender a súa xira con Uxía a comezos do outono. O guitarrista e compositor estivo presente en moitas das iniciativas musicais e culturais máis interesantes do país nos últimos 30 anos. Facemos un repaso urxente e breve pola andaina do músico que mellor soubo tecer complicidades entre Galiza e África.
Na mañá de onte, 2 de novembro, a triste nova do falecemento de José A. Regueiro "Tabe" correu polo país. En mil recantos diferentes, unha acordeonista, un batería, un traballador do metal, unha estudante e centos de músicas e seareiras máis quedaron paradas no medio do seu labor cotián e sentiron como a tristeza tapaba o sol. Os medios dixitais galegos recollían a nova e as redes sociais enchíanse de mensaxes de agarimo para o que fora durante case 30 anos o baixista de Zënzar. Nós tivemos a sorte de coñecelo, de velo tocar e queremos lembralo con alegría, tocando cos seus Zënzar en calquera local do país. Sempre con nós, Tabe!
Máis artigos...
- A Terbualdea vai ser unha realidade
- Fran Amil e a Tribo incomprensíbel presentan "A voz do vento"
- Ivy Moon gaña o Imagine Festival Spain
- A voz do vento, libro-CD homenaxe da Mesa a Manuel María
- Apelón, o novo de Roger de Flor comeza a xirar en Pontevedra
- MJ Pérez e ITH, sexta-feira no Garufa
- MJ Pérez leva o seu "Guerrilleira" até Compostela
- VHS do futuro, novo videoclip de Malandrómeda
- "Marchou sen min", o novo videoclip da Terbutalina
- A volta de Nani García, este xoves nas Crechas
- Novos temas e xira de Malandrómeda
- Chotokoeu sae a voar
- Caxade representará Galiza no SUNS Europe
- Xabier Díaz leva o seu Tambourine Man até Vigo
- Radio Cos celebra o seu décimo aniversario cun concerto nas Crechas o vindeiro xoves