O novo proxecto de Xacobe Martínez Antelo e graffitis en directo hoxe sábado no pazo do Faramello, en Rois. Sábado día 20 de xuño, o músico galego Xacobe Martínez Antelo volve aos Encontros Musicais 2.0 do Pazo do Faramello. Desta volta regresa co seu último proxecto, Chanzo, acompañado por Max Gómez e Alex Salgueiro. Ademais, o graffiteiro NoveNoel fará pinturas en directo durante a sesión musical. Será ás 20 horas cando se celebre o concerto e, como non, ás 18:30 horas poderase realizar unha visita guidada ao Pazo. O serán rematará cun viño e uns petiscos. Aínda podes conseguir entradas para esta novidosa proposta.
O colectivo PORNO ten un mes de xuño cargado de actividades. Decidiron abrirse á sociedade e presentan novo número da Revista Porno, tamén o fanzine Madreselva, alén dos postos nas feiras de autoedición Tenderete, no País Valencià, e Gripo Gripo en Pontevedra. Andarán tamén por Lisboa, organizando Terra Abaixo, unha feira de autoedición subterránea dentro do Festival Silêncio! E aínda haberá tempo para ver algún dos grupos do colectivo ourensán de acción cultural ao vivo nos escenarios do país.
Máis artigos...
- Riobó presenta "Quiral", o seu novo disco
- Ghaveta bota man do micromecenado na súa estrea
- Unha manchea de homenaxes a Pazos de Merexo
- Brais Morán e Virandeira Folk tamén apostan no micromecenado
- Esquíos entran a gravar novo disco en abril
- Novo tema de The Lákazans
- Concurso 10º aniversario BellónMaceiras
- Á venda a estrea de Rústica
- O gaiteiro Pablo Devigo publica Bría
- O novo disco dos Zënzar estará na rúa nun par de meses
- Samarúas comeza o ano sen límites
- Bicos con luvas, crowfounding de Coanhadeira
- Sokram estréase en solitario con Chuvia Ácida
- "Nunca choveu", estrea planetaria de Bolboreta
- Novo videoclip de Ataque Escampe