Volve Dios Ke Te Crew co lanzamento de “SILENCIØ”, o seu novo videoclip


O grupo musical Dios Ke Te Crew, un dos referentes musicais galegos dos últimos 15 anos, publicará un novo traballo discográfico na primavera de 2019, tras deixar a súa pegada cos Lp´s “Xénese” (2006) e “Humanose” (2011).

Tras un período de “reflexión e recollemento”, como eles mesmos cualifican, condimentado con diversos proxectos discográficos individuais. Este traballo dará lugar a unha intensa xira de actuacións en directo, onde emerxerá novamente toda a potencia do rap en galego da mítica formación.


Máis os seus seguidores non terán que agardar ata a primavera, pois este Xoves, día 20 de decembro, DKTC materializa o seu esperado regreso co
lanzamento dun videoclip. “Silencio”, guionizado polo propio grupo e dirixido polo recoñecido artista audiovisual A.L. Crego, é un adianto especial do seu
disco (sairá tamén en formato single en tódalas plataformas dixitais) e estrearase en primicia a través das súas canles oficiais o Xoves ás 14:00h, polo que andade atentos ao seu facebook, ao seu youtube ou a súa páxina web.


Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto