Thee Blind Crows comezan xira enchendo salas en Galiza e España


22 datas até o comezo do verán. Moitos quilómetros para Thee Blind Crows nunha xira que comezou nunha Mardi Gras ateigada o 2 de febreiro e que segue a encher salas alá onde o power trío de Pontevedra leva a súa propostas. Así foi, por exemplo, o pasado 9 de marzo en Málaga. Thee Blind Crows arrasaron o Vermut-O-Rama, como podes ver no vídeo que tes no interior deste artigo.

O pasado 2 de febreiro arrincaba a xira de presentación do novo LP de Thee Blind Crows, o power trío pontevedrés de Blues Punk, na Mardi Gras da Coruña cunha sala abarrotada até os topes. Esta mesma situación púidose vivir nas demais provincias galegas, que visitaron no primeiro mes da súa xira. No seu primeiro concerto fóra do país, en Málaga, colgaron o cartel de “Non hai entradas” semanas antes da data, amosando a grande expectación que xerou o seu disco “Death Awaits Us All” e que o boca a boca sobre o seu enérxico directo comezou a funcionar.


Festivais e salas de todo o Estado agardan por eles até o verán

Após os seus primeiros concertos, o grupo afronta un auténtico maratón de concertos e festas. Ademais de visitar salas emblemáticas en toda Galiza e no Estado, tamén forman parte do cartel de diferentes festivais: Freakland Festival (Ponferrada), Beerock Festival (Burgos), Festival Fuzz in the City (Bilbo), Festival Touliña Pop (Sada), Festival Yabba Dabba Doo (Gandía), festa de presentación en Madrid do Prestoso Fest...



Proximamente anunciarán novas datas e festivais. Se tes ocasión, non perdas a que están armando estes tres corvos.

FOTOS: Rafa Cajiao

Vídeo: Thee Blind Crows

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto