Os Resentidos volven á estrada


Foron anunciadas as primeiras datas da xira 'A Revolución non será televisada' dos Resentidos. A Coruña en marzo e Compostela en abril, recibiranos en dúas citas inesquecibles. A histórica banda anuncia ademais o segundo novo single desta volta, 'Money for free', que presentarán antes da fin de febreiro.



Foi no verán do 2018 onde comezaron a xirar novamente. E desde entón non teñen parada. A intención da banda e recuperar o contacto directo co público, que é o que verdaderamente emociona. Por eso teñen decidido voltar as salas de referencia da escena galega para presentar os novos temas que veñen preparando desde finais do ano pasado. As primeiras citas serán o 14 de marzo na Garufa Club e o 2 de abril na Sala Capitol Veñen de presentar 'A Revolución non será televisada', onde súa unha versión do histórico poema de GIL SCOTT HERON, figura recurrente nas mobilizacións do Black Power e pedra angular do inicio do amplo movemento de rap e hip hop a nivel mundial. As entradas xa se poden mercar de xeito anticipado na web de eventbrite a 12 euros + gastos.

Os Resentidos, retoma con este tema, a consigna que abordaron no ano 1988 con “Galicia Sitio Distinto” sendo unha das primeiras bandas que en Galicia e España incorporaron o rap e o hip hop ao seu repertorio. Antes de que remate este mes, chegará o seu segundo single 'Money for free' que nos amosará que a banda segue en plena forma compositiva.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto