I Encontro de violino Popular

A Pobra de Trives acollerá a fin de semana do 9,10 e 11 de novembro o I Encontro de violino popular, un programa de actividades varias ao redor deste instrumento e a súa versión máis popular: divulgación, práctica, convivio, concertos, conferencia,... Talabarte, Pancho Álvarez e Comisa Bal serán os encargados de concertos e sesións didácticas que comezarán o venres 9 de novembro ás 20:30h na Casa da Cultura da capital da Terra de Trives


O I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Terra de Trives no epicentro do violino popular.

 

PROGRAMA:

  • Venres 9 novembro 

Sesión didáctica “O Violino de Courtier” / 10:00 Centros Educativos

Concerto de TALABARTE /  20:30 Casa da Cultura

  • Sábado 10 novembro

Foro Courtier / 19:00 Casa da Cultura

“Paisaxes histórico-musicais da Terra Trives” e Concerto Express de  COMISA BAL

  • Domingo 11 novembro

Concerto de PANCHO ÁLVAREZ / 18:30 Casa da Cultura

  • Sábado 10 -Domingo 11 novembro

Curso intensivo de violino con Pancho Álvarez

Duración: 10 horas

Horarios: sábado 10 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00//  domingo 11 de 10:00 a 16:00.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto