Lugo acollerá as I Xornadas arredor da Música Tradicional

A Asociación de Gaiteiros Galegos vai celebrar as primeiras Xornadas arredor da Música Tradicional en Lugo os vindeiros 15 e 16 de decembro. As xornadas contarán cun programa que acolle non só especialistas na música de raíz galega, senón tamén expertos nos folclores zamorano, asturiano ou euskaldún. Unha moi boa ocasión para coñecer máis sobre a música de noso, con concertos didácticos, presentacións de libros e relatorios diversos. O prezo da inscrición é de 5€ para @s soci@s de AGG e de 10€ para o resto da xente. Programa completo no interior.


No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.

DATAS:

15 e 16 de decembro de 2012

Prema no título para ver a nova ao completo

LUGAR

Centro Lug2

Rúa Pintor Corredoira 4

27002 Lugo

INSCRICIÓN

Para participar é preciso inscribirse a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA

Socios da AGG: 5 €

Outros : 10 €

FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.

PROGRAMA

SÁBADO 15 DE DECEMBRO

Mañá

10.30 h - Acto de apertura das xornadas.

11.00 h - I RELATORIO: Ouribería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fdez "Pancho"

12.00 h - DESCANSO

12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista”

- Son do Fol. Xaime Estévez

13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé

 

Tarde:

 

16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández

17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran

18.00 h - DESCANSO

18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero

19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón

 

Domingo 16 de decembro

Mañá:

10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles

11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"

- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía

11.40 h – DESCANSO

12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba

13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid

 

Tarde:

16.00 h - IX RELATORIO: Técnica expandida ou o gaiteiro moderno. Paulo González

17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

- O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz

- Caderno 20: 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas

17:40 h - DESCANSO

18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro

19.00 h - Remate das Xornadas

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto