A música de Komunikando.net, agora no Cartafol de GZmúsica

GZmúsica segue coas melloras e agora tócalle a quenda ao cartafol. Ao longo desta semana todos os discos que estaban dispoñibles para escoitar e descargar en Komunikando.net, -e que xa non son accesibles nesa web-, han pasar a engrosar o noso cartafol. Chegamos a un acordo cos responsables da histórica web de referencia da música galega, www.komunikando.net, e os 75 álbums que tiña na súa base de datos van pasar a formar parte de GZmúsica. Komunikando.net segue activa e mantén outros contidos na rede, como a webserie 'Non saímos do lixo'.

Algúns dos discos de Komunikando xa están dispoñibles no noso Cartafol. Os traballos de A Minha Embala, Bangor, Camarada Nimoy, Deseqilibrio Mental, Ecléctica Ensemble, Alto Asalto ou Das Kapital xa os podes escoitar directamente desde GZmúsica. De momento, se os queres descargar, debes facelo tema por tema, premendo co botón secundario na opción "download" que atoparás á esquerda de cada canción e escollendo "Gardar ligazón como", o que directamente che permitirá gardar o ficheiro .mp3 da canción. Ao longo da semana seguiremos a subir traballos a nosa web e habilitaremos a opción para descargar os discos enteiros.


Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto