9 meses de GZmúsica...e máis que virán!!

O 1 de abril é o día das brincadeiras na Europa Atlántica. The fools' day. O día en que os burros van onde non deben ir. E nós, -aínda que mude o clima e Azúcar Moreno non paren de tocar na Luar-, sómosche atlánticos. E estamos un chisco tol@s, así que decidimos botar a andar este proxecto o 1 de abril de 2012. Pasaron 9 meses e un monte de cousas desde aquela. Aquí tes un resumo do que foi o 2012 para GZmusica.com



Quen fomos, quen somos e quen queremos ser

Detrás desta web hai unha chea de persoas, colaborando nela dun xeito ou doutro, cun punto en común: seren apaixonad@s da música galega. De principio, a xente de joomlaempresa.es, o Kiko das Leiras e o Medulio. Os webmasters, os responsábeis do deseño da web, do soporte técnico e...de que todo funcione.

Dándolle á cámara de fotos estiveron Lety GF, Lavesedo, Paulinha e o Xabicas. Os dous primeiros tamén se atreveron a facer as crónicas dos concertos. Martín e Adrián, -ás veces axudados por Xián ou Bertiño, isto é, os 4 vultos que conforman Borneira Audiovisual-, están atrás da maioría dos vídeos de GZmúsica. Pero non só eles gravaron. Reclutados en sórdidos festivais de serie B, os Reporteiros Festivaleiros, -Fer aka Vogal e Vítor aka La Dinamita No Discrimina-, revolucionaron o mundo do audiovisual galego cos seus vídeos perralleiros, creados a partes iguais polo likor kafé e o Windows Movie Maker. E tod@s vós, claro! Retwiteando, compartindo en Facebook, comentando na web, botando nas enquisas, facendo en definitiva que isto todo teña sentido.

Isto é quen fomos. E quen somos. Mais queremos ser moit@s máis. Colabora, espalla, publicita! GZmúsica quer ser o punto de encontro de todas as persoas que gustan, cren e apostan pola música galega.

Os números

  • Levamos 276 días on-line.

  • Publicamos 185 artigos na nosa web. Compartimos 152 vídeos na rede.

  • Na nosa Axenda anunciáronse 446 concertos.

  • No Cartafol hai xa información sobre 276 grupos galegos.

  • Mandamos 850 chíos no twitter.

  • Colgamos máis de 500 fotos entre GZmusica.com e o Facebook.

  • Neste tempo 9.088 usuari@s pasaron pola nosa web. En total, 16.932 visitas e 41.021 páxinas vistas.

  • Os nosos vídeos foron visualizados 26.300 veces, (15.944 na nosa sección Multimedia e 10.356 na nosa canle de youtube).

  • Temos 1.163 seguidores no twitter e 907 Gústames no Facebook.

Datos proporcionados por Google Analytics, Youtube, Twitter e Facebook. Período: 01/04/2012 até as 14:00h do 31/12/2012. Ademais, na web, recibimos visitantes dos cinco continentes, desde 57 países distintos. En Nova Celandia, Chile, Exipto, a India ou Finlandia xa coñecen o que ferve nas potas musicais deste país!!

Pero GZmúsica non está só na rede. Desde setembro o Cartafol de GZmúsica achégase cada martes até o Planeta Furancho da Radio Galega. E desde hai apenas un mes, temos tamén un oco na pequena pantalla. Todos os venres ás 22:45h, os mellores vídeos de GZmúsica son emitidos por Vía TV.


Os 10 artigos máis vistos

Listaxe cos 10 artigos máis lidos pol@s nos@s visitantes durante o 2012.


Os vídeos máis vistos na sección Multimedia

Pica na imaxe inferior e accederás á listaxe cos vídeos máis vistos da nosa sección Multimedia



Os vídeos máis vistos na nosa canle de Youtube

Nesta lista de reproducción están os 20 vídeos máis vistos na nosa canle de Youtube.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto