Novas datas de Balakandra

A banda de San Sadurniño estará esta fin de semana no Bar Liceum do Porriño e confirma tamén varios concertos nos meses de febreiro e marzo, onde continuará a presentar o seu traballo de estrea, Balakandra. Un feixe de oportunidades para gozar cunha banda que propón unha viaxe polas músicos do mundo, do Mississippi ao Danubio, guiados pola mellor das locomotoras, a música do país.

Balakandra continua coa xira de presentación do seu primeiro disco, "Balakandra". A vindeira data será o sábado 26 de xaneiro, ás 23:30h no Bar Liceum. A entrada custará 5€ para os non socios. A banda formouse en San Sadurniño no ano 2004, no seo do mítico grupo "Saraibas" e agora, pasados 8 anos cheos de concertos en salas e festivais de toda Galicia, a banda está a presentar o seu primeiro álbum. Estes 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, ofrécennos un traballo de amplos referentes, cunhas letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns. E cunha música que é unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do leste de europa, unha longa viaxe coa mellor locomotora, o folk galego.

Aquí tedes un vídeo de Pixelin Photo, do tema 16 toneladas gravado ao vivo en maio de 2012 en Narón.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto