Estreamos o novo videoclip de Dakidarría!

Hoxe MÉRCORES 6 DE MARZO, ás 21:30h, Dakidarría compartirá con tod@s nós o seu novo videoclip, Terra, e farao a través de varios portais musiciais entre os que está GZmúsica. O traballo de Samthing Visual e Dakidarría foi pre-estreado onte na Taberna Marrucho, en Baiona. O desexo do grupo é que o videoclip mostre a súa identidade, o que son, o que defenden, e que mellor forma de facelo que mostrando a súa (e nosa) Terra. Como eles din: "Mostrar o amor pola nosa Terra, inmortalizala tal e como é, tal e como a vemos, a Terra onde nos criamos, onde nos fixemos maiores, crecendo tanto musical como persoalmente, a Terra que fixo do grupo o que é agora e a que nos levou a percorrer tantos e diversos paraxes e a vivir tantas e tantas historias". No interior deste artigo podes ver os 6 vídeos, unha especie de makin-off, gravados durante a rodaxe do videoclip e, -A PARTIR DAS 21:30h-, tamén terás a posibilidade de ver Terra. A nós xa nos tarda!

Hai uns meses, alá por finais de setembro, realizáronse as primeiras xuntanzas para comezar a dar forma ó que sería o próximo proxecto de Dakidarría, un videoclip que mostre a súa identidade, o que son, o que defenden, e que mellor forma de facelo que mostrando a súa (e nosa) Terra. A idea era ambiciosa e complexa, un proxecto que só podería ser posible xunto a Samthing Visual e coa inestimable axuda dos amigos e compañeiros da banda: Suso de Soak, Petetas de Tiro na Tesa e Falperrys, Paulo de Skarnio e Liska, Javi de Heredeiros da Crus e Jabón Blue, Esteban de Skacha e Falperrys, Xurxo de Diplomáticos de Montealto e Os Tres Trebóns, García dos Dios Ke Te Crew, Kike de Kallaikoi, Vituko Ruxe Ruxe e Come de The Skarnivals.

O proxecto chegou a bo porto e foi pre-estreado onte no Marrucho e dentro de pouco, (a partir do 06/03 ás 21:30h) tamén estará dispoñible aquíTerra é só o principio do que será este 2013 para Dakidarría, ano no que celebran o décimo aniversario, para o que teñen pensado argallar máis proxectos que serán desvelados ao seu debido tempo.

Ese sentimento que se chama Terra podedes velo dende os portais de Maldito RecordsGZMúsica e por suposto de Dakidarría. Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos seis estupendo petiscos, o makin-off de Terra.



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto