3 adiantos para unha tarde de venres

Sacha na Horta, Ulträqäns estrearán disco nas vindeiras semanas. E van subindo adiantos dos seus respectivos traballos á rede. Velaquí a Cona Revolution das Sacha, o instrumental Mepirodáctilo de Ulträqäns. E de Bonus Track, o vídeo da gravación do tema Bye Bye de Chotokoeu en Maastrachit hai agora un ano. A canción entrará no vindeiro disco dos Chotoko, que publicarán aínda dentros duns meses. A beillar, que xa é venres e saíu o sol!!


As Sacha na Horta van publicar Horta Revolution. Festeiras e comprometidas a partes iguais, Sacha na Horta petan duro no primeiro single do novo disco. Porque elas fan o que lles sae da cona. E fan moi ben!!


O 27 de xuño, no Garufa da Coruña, Ulträqäns presentarán o seu segundo traballo de estudio. Gravado nos Estudios Amil da Coruña, o disco contou coa colaboración de vari@s seguidor@s de Ulträqäns -un deles, da crew de GZmúsica- para gravar coros e algún instrumento con eles. Aquí tedes o segundo adianto do traballo, uns instrumental moi na liña do grupo coruñés.


Chotokoeu tomarán as cousas con algo máis de vagar e probablemente non será até finais de ano ou incluso até o vindeiro ano cando saquen á rúa o seu novo traballo. Iso si, rebuldeir@s coma son, non paran quietos e veñen de subir ao youtube un vídeo, -agasallo do Hadri Hache- da gravación que estiveron a facer o ano pasado nos estudios Magnetophon de Maastricht. Ben bonito, por certo.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto