Novo álbum de Vicky Polard

Vicky Polard bota man de Verkami para se poder meter no estudio de gravación e gravar " o froito da súa demencia" (sic) en formato álbum. Recompensas divertidas e achegas desde cantidades modestas para lle botar un cabo á banda do Salnés co seu novo disco. 

Vicky Polard é, nas súas propias palabras, un grupo de sociópatas que viven coas súas nais. Fan música. A música é unha arte. A banda pretende moverse por toda Galiza creando intoxicación acústica alá onde vaia, promovendo unha mensaxe de amor, paz mental e problemas financeiros. 

Vicky Polard quere gravar o produto da súa demencia en forma de novo álbum, e para iso necesita unha pequena axuda. Coa recaudación conseguida, por primeira vez seremos capaces de lanzar un ente formado por un album gravado e producido no Laboratorio Soyuz (Hevi), o seu mastering correspondente, unhas camisetas deseñadas polo noso deseñador favorito, e outras cousas materiais de dudosa importancia. Como este increíble setlist de fai séculos!!

A banda confía na vosa colaboración para alcanzar este obxectivo. Por iso, as recompensas van desde a entrega de merchandising superguay, a realización de cousas estúpidas (non o dicimos nós, dino eles), entradas aos concertos de presentación... Ademáis, cada vez que achegas cartos ao seu proxecto, un gatiño recibe un pratiño de leite e unha caricia.

CALENDARIO

Vicky Polard ten pensado gravar a finais de xullo, en agosto enviar a masterizar, e entre setembro e outubro o grupo xirará por todo o país coas novas cancións repartindo as recompensas polas distintas cidades.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto