Samarúas comeza o ano sen límites

Mañá venres tocan na Cova Céltica, logo gravan na Fundación SGAE e van a Teruel. Unha das compoñentes, Antía Ameixeiras, xirará con Carlos Núñez por Estados Unidos como gañadora da bolsa de Afundación. Despois dun 2014 onde gañaron o Querostar do Son do Barbansa e o 2º premio do Música Xove, comezan este ano con concertos, gravación e máis premios.

Samarúas é unha proposta folk da Coruña, que traballa tanto o repertorio tradicional como temas de composición propia. Despois de xurdir no 2013 e ter un 2014 exitoso, con concertos no Asalto ao Castelo de Vimianzo, no Folk Catalmibre,... colaboracións de Kepa Junkera ou Brais Maceiras, encaran o 2015 con moita actividade neste primeiro trimestre. Mañá venres estarán na Cova Céltica coruñesa dando o primeiro concerto do ano e despois entrarán a gravar na Fundación SGAE, como merecedores do segundo premio do Música Xove 2014. Ademais, a súa violinista Antía Ameixeiras foi seleccionada por Carlos Núñez como gañadora da Bolsa á Excelencia Artística Galega promovida por Afundación e Abanca, e irá un mes a tocar co mediático gaiteiro na xira polos Estados Unidos.

{fcomments}




Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto